9 jul 2012

Celebrada a Asemblea do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Hoxe a tarde tivo lugar no Instituto Carvalho Calero, unha Asemblea cidadán aberta para valorar a sentenza inapelable do Tribunal Supremo, e en consecuencia propor as accións a realizar para forzar as administracións a que se leve a cabo dita sentenza.

Preto de cen persoas participaron desta asemblea, cabe destacar a presenza de moitas asociacións da comarca, entre a multitude estaban compañeir@s de varios sindicatos e de Esquerda Unida.


En breve daremos conta das accións aprobadas na asemblea para realizar nos vindeiros días.

O que si que podo adiantar, é que foi unánime por parte de tod@s, é a decisión de emprender toda canta acción legal teñamos nas nosas mans para que se execute a sentenza ditada polo Tribunal Supremo, (Tribunais, Valedor do Pobo, Fiscalía Anticorrupción, etc..) Así como dar a oportunidade tanto ao BNG como ao PSOE para que muden de inmediato súa conduta contra a Vida a Ría e a Legalidade, e se pronuncien dunha vez por todas contra esta lacra chamada R€GANO$A. Unha empresa a que o goberno REGALA 58 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS QUE LOGO TOD@S NÓS PAGAMOS NOS RECIBOS.

Fai uns días falei do tema Reganosa cun compañeiro do BNG, este é actualmente Alcalde dun Concello próximo a Ferrol, (Non tremades, non foi Barcia do BÑ-GAS de Mugardos) e este compañeiro do BNG me argumentaba a parte do discurso nacionalista co que están enganados, seu argumento; "Galiza ten que ter unha rede enerxética propia".

Penso que este compañeiro descoñece que xa existía un gasoduto que servía gas a Galicia, tamén debe pensar que o gas dáse nas leiras da Terra Chá e non que ven de Alxeria.

Para que vexa o despropósito da burbulla enerxética lle deixo estes datos REAIS, España conta con 6 plantas de regasificación, o que a converte na actualidade no país líder en Europa ao respecto, pois en toda a Unión Europea soamente hai 14 plantas. Tamén eramos lideres do ladrillo e así nos foi....

Sei que este compañeiro loita e é implicado socialmente, sobre todo no tema do naval. Quero perguntarlle, cantos postos de traballo se poden manter nos estaleiros cos 58 MILLÓNS DE EUROS que nos rouban para R€GANO$A

Deixo para que lea este curto pero clarificador artigo do compañeiro Enrique Barrera.

La segunda burbuja
(Publicado por Enrique Barrera Beitia no Diario de Ferrol do Luns, 02 de Xulio do 2012)

Hay otra burbuja en España esperando su momento para estallar: la gasística. Las empresas energéticas hicieron desde el 2006 una apuesta fallida por la construcción de 50 ciclos combinados que funcionan actualmente al 20% de su capacidad y de cinco nuevas plantas regasificadoras, hasta llegar a nueve, más que ningún otro país de Europa (Francia sólo tiene dos y Alemania ninguna). Son activos tóxicos que la banca mantiene sobrevalorados en sus balances. En esta bomba de relojería financiera ocupa un lugar preferente REGANOSA, declarada ilegal por el Tribunal Supremo hace unas semanas, que no alcanza el 40% de su funcionamiento previsto, que estuvo 65 días en el mínimo técnico y otros 285 por debajo. El resultado es el siguiente: fuerte endeudamiento del sector, subida artificial de la tarifa que pagamos los usuarios y frenazo a las energías renovables.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: