10 jul. 2012

Mañá "CONCENTRACIÓN SOLIDARIA COA LOITA MINEIRA"

(Eu achegareime en solidariedade coa loita d@s mineir@s, para nada estou de acordo coa queima, transporte, nin almacenamento do carbón).

Persoas pertencentes ás asociacións Fuco Buxán, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos e Colectivo Ártabra 21, nun encontro espontáneo, valoraron que era necesario que na nosa comarca se convocara algún acto de solidariedade coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón. Polo que acordan; convocar a unha Asemblea-Concentración Aberta, a todas as organizacións e persoas que queiran mostrar a súa solidariedade e recadar axuda económica para a caixa de resistencia da loita mineira.

Asemblea-Concentración Aberta
Mañá mércores día 11 de Xullo, ás 21:00 hs, na Praza do Himno Galego do barrio de Esteiro,
coincidindo coa mobilización en Madrid das columnas mineiras que estiveron marchando a pé no transcurso desta semana.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Un pouco contraditorio o teu último post. Estas en contra do carbon e apoias a loita dos mineiros que defenden seguir a producir carbón para continuar co que ti estas en contra (queima, transporte, almacenamento).

Lástima que, aínda estando en contra, quen convoca a concentración, non tivera a mesma sensibilidade à hora de apoiar a loita dos traballadores das concas mineiras galegas, As Pontes e Cerceda, hai apenas uns meses, contra o decreto do carbón.

Susete70 dijo...

Meu parecer(Indistintamente de estar en contra das centrais térmicas e das fontes de enerxía contaminantes, o que defendo é obriga por parte estado e das multinacionais que se lucraron coas vidas d@s mineir@s, para darlles alternativas laborais)

Logo fasme referencia @s que convocan esta "reunión", e penso que cometes un grave erro, primeiro dicirche que non era unha reunión, se non unha Concentración pola Dignidade d@s traballadores/as. Todo un exemplo de loita, e non actitude deshonesta que tiveron onte @s traballadores/as do Naval e os Sindicatos da comarca.

Puideches achegarte,expresarte e escoitar.

Saúde.