(Do gremio de taxistas de Ferrol non se escoita falar, xa lles tocará)
O número de participantes penso que podería roldar as 8.000 persoas. Cando a cabeceira da manifestación virou na Praza de Amboaxe, e enfilou pola Rúa Real, a cola da mesma viña pola metade da Rúa do Sol.
Despois de escoitar o Manifesto unitario, Lupe Cés e André, cantaron o himno galego, cunha particularidade, Lupe fixo un pequeno cambio nun dos versos de Pondal, "As boas e xenerosas" todo un detalle nestes tempos de violencia de xénero e de integrismo ante-abortista por parte do P€P€.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
6 comentarios:
Cantar o noso himno con "as boas e xenerosas" é unha parvada, e antes desta reforma da Lei do aborto xa se escoitou algunha vez. Curiosamente, os imbéciles e escuros seguen sendo masculinos.
Parvada??, vendo que eres home ratificas o dito por ti "os imbéciles e escuros seguen sendo masculinos".
Saúde e menos sombras
Graciñas polo insulto, pero cometes un erro: que che fai supor que son home? Quinteiro é un apelido. Non sabía que fora obrigatorio concordar cunha modificación do himno galego.
É unha suposición, pero non penso que me trabuque. O insulto o dis ti ao calificar de parvada algo feito con sensibilidade por unha compañeira. Eu estou simplemente a darche a razón no segundo punto.
Saúde e liberdade
Fai mal o administrador dun blog insultando a quen envía un comentario. No caso de que considere que se inclúe un insulto (non foi esa a miña intención)pode desaprobalo e non publicalo, como xa se avisa. O que digo é que o de "as boas e xenerosas" xa se escoitou nalgunha outra manifestación (en Ferrol, por exemplo, nunha non unitaria na Praza de Armas, creo que do coche da megafonía, dito isto último sen seguridade). É dicir, non é unha cousa puntual froito da espontaneidade desa compañeira. É un cambio que irá a máis.
Non é insulto, douche a razón
"os imbéciles e escuros seguen sendo masculinos" (maiormente)
Aínda que tamén hai tantas como tontos.
Non perdamos o tempo, temos moito que arranxar sen estar sempre con matizacións absurdas.
Saúde
Publicar un comentario