24 ago 2012

Xornada de loita UNITARIA

Unha xornada de loita UNITARIA na que a protagonista foi a auga. Foron preto de 300, as persoas que se deron cita hoxe diante do Edf. Adm. da Xunta de Galicia para protestar contra os recortes e imposicións por parte do desgoberno central e autonómico do P€P€. Unha afluencia pésima para a que está a caer.

Agardo que cando remate o presente mes as forzas sindicais artellen en común unha resposta firme, unitaria e contundente, contra este "golpe de estado" que outorga o ter a maioría absoluta por parte do P€P€, no caso de Ferrol tamén a nivel local.

Acabouse o "correr como polos sen cabeza".
Si as cúpulas dos sindicatos estatais están durmidas, non ten que ser un freo para as aspiracións dos intereses, dereitos e liberdades da sociedade galega, CC.OO e UGT de Ferrol terán que dar o "zapatazo na mesa" e poñerse a andar sen depender do centralismo, e si os actuais secretarios comarcais destes sindicatos non son quen de facelo, haberá que "empurralos" .




Oxalá poderamos tod@s deixar un día as bandeiras na casa e facer un fronte común pola dignidade.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 comentarios:

Inácio dijo...

Estimado Susete, nom está mal o artigo, mas nom comparto a última frase, onde falas de "... deixar un día as bandeiras na casa e facer un fronte común pola dignidade". Nom creio que sexa contraditório a diversidade e a pluralidade existente na esquerda, simbolizada nas senhas de identidade de cada quem (bandeiras, autocolantes, faixas, letreiros, ...), coa frente comum pola dignidade. Já é importante por si mesmo que as centrais sindicais cheguem a um acordo unitario e mesmo a poder formular um comunicado conxunto. Está claro que as cousas poderiam ser doutro xeito que haiu moita burocracia sindical, mas as persoas, as traballadoras e traballadores, tamambem falhamos e moito, os dirigentes sindicais som um reflexo do grado de consciência da gente, nem mais nem menos. Onte despois de mais de dez meses de baixa, voltei ao trabalho. Pensava que o aumento da indignaçom contra banqueiros e governo, assim como a consciência de classe estaria moito mais avançada, a prova que vim onte din-me todo o contrário. polo de agora a minha obsevaçom é que o número de reacionários e reacionárias aumentárom por metro quadrado. Aguardarei a que passe umha semana para tirar conclusions mas a prova nom foi nada positiva. Este sistema tem programada às persoas para nom rebelar-se, para que aceptem o estabelecido, a submisiom, o consumismo, o futbol a todas horas, o dinheiro fácil, o famoseo, ... desprogramar, é dizer concienciar está sendo moi difícil.

Susete70 dijo...

Aínda así agardemos que @s que de verdade xa terían que estar concienciados o estean, e que non só no lo queiran facer ver.
Saúde