13 sept 2012

Mañá terá lugar o xuizo contra 6 compañeir@s da Asemblea de Desempregad@s da CIG

O pasado 6 de xuño, a Asemblea de Desempregad@s da CIG realizou unha acción de carácter simbólico no supermercado DIA, sito na da Rúa Españoleto, esta acción consistía na retirada de produtos non perecedoiros de primeira necesidade, coa intención de doalos á cociña económica, a hora de ir abonalos @s desempregad@s amosaban as tarxetas do INEM. Dende o supermercado deuse aviso ás forzas de seguridade que procederon a identificación d@s alí presentes.

Segundo a Asemblea de Desempregad@s, o valor dos produtos que se pretendían retirar tiñan un valor de venta ao público por un importe de 25 euros, tamén segundo esta fonte, a encargada do supermercado non tiña pensado presentar denuncia pois xa había recuperado os produtos, pero ante a insistencia de algún membro da policía logrou que mudara de opinión.


Agardemos que o xuíz encargado de xulgar estes feitos teña a sensibilidade para entender o carácter simbólico deste acto de denuncia social, e non faga pagar a quen xa nin ten prestacións de ningún tipo unha multa que non van a poder pagar.


A Asemblea de Desempregad@s da CIG fai un chamamento a cidadanía para facer visible a solidariedade cos desempregad@s, mañá ás 11:30 h, diante dos Xulgados de Ferrol.

(Fotografías xentileza da Asemblea de Desempregad@s da CIG)


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: