12 sept 2012

O Naval, a Virxe, e o Dios cos fundou

Hoxe, dende as 10 da mañá, @s delegad@s dos comités de empresa de Navantia protagonizaron un peche no salón de recepcións do Concello de Ferrol. O peche durou ata as 19:30 h., hora na que tiña lugar a xuntanza dos Alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol para abordar a crise do Naval.
(O peche retomouse logo de forma indefinida)

Fai uns días asistiamos atónitos as declaracións do alcalde, José Manuel Rey Varela, nos medios de comunicación, nas que dicía que pedira axuda a Virxe dos Remedios. Non é nada alentador que teña que recorrer as oracións, suponse que quen tiña que dar as solucións non é a Virxe, senón o Desgoberno de Rajoy, e tamén na súa xusta medida Feijóo, antes de convocar as eleccións. Pero as ratas abandonan o barco e non van a contarnos a verdade do futuro dos estaleiros ata que rematen as eleccións ao parlamento galego.

Todo apunta ao desmantelamento do sector da construción Naval. E máis despois de ter escoitado as declaracións "pirómanas" feitas por parte de Jaime de Rábago, conselleiro delegado de Navantia, nas que aludía a "Escasa viabilidade do proxecto do dique flotante para reparacións". Estas declaracións parecen atender ao interese por parte do P€P€ para o desmantelamento do sector naval de Ferrol.




NON É QUE QUEIRAN ACABAR CON TODO, ESTÁN FACÉNDOO!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: