26 sept 2012

O INIMIGO

Despois da concentración de onte no Congreso dos deputados, en Madrid, os nervios da xente están a flor de pel. As agresións policiais (Aí están as imaxes) non son proporcionais a catro empuxóns. Un golpe mal dado por calquera podería ter desencadeado outros acontecementos dos que hoxe todos nos arrepentiriamos, e estes non terían marcha atrás.

Eu insisto en que o inimigo non son os policías, aos que o desgoberno de Rajoy meteu neste "marrón".
A cidadanía, entre a que se encontran tamén policías e familiares destes, son a voz soberana que hai que escoitar.

Mentres a policía rompía a cara cos cidadáns aos que ten que defender, o desgraciado do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, permanecía escapado en Nova York. Aproveitaba a súa estrea ante a Asemblea da ONU para pedir ao Reino Unido un diálogo sobre Xibraltar e reclamar a entrada de España no Consello de Seguridade de Nacións Unidas.

Resulta paradoxico que queira entrar a formar parte deste consello de seguridade cando onte non soubo manter a seguridade en Madrid. Tería sido doado suspender a sesión plenaria de onte unhas horas antes da manifestación, e como mínimo dar a cara.

En xeral tod@s coñecemos ou temos algún compañeir@ traballando neste oficio, que tería que ser tan digno como calquera outro, pero como en todo, fallan ás persoas, políticos e mandos. Cando todo isto se xunta dá lugar ao que se chaman altercados.

Despois de ver as imaxes e vídeos da concentración de onte, en xeral tod@s vemos agresións, sometemento, exceso de celo, e o peor de todo, selección de vítimas  por parte dalgúns ante-disturbios, (sempre van polo máis indefenso ou submiso). Estas agresións están a lograr un odio xeneralizado hacia a policía. E eu non estou de acordo con xeneralizar, para nada funcionan así estes funcionarios en pobos pequenos, onde se dá unha proximidade entre persoas.

Os verdadeiros inimigos da democracia son os medios de comunicación onde falan tertulianos iluminados alimentando tódolos días o pánico, odio, receo, e malestar.
Eses medios de manipulación onde escoitamos falar de "Fragmentación de España", "Tódolos políticos e sindicatos son corruptos", "Os que protestan son de extrema esquerda, anti sistema e  extrema dereita". Comparar isto co golpe de estado do 23 F dio todo destes medios.

Os que protestan son cidadáns indignados e afectados polas políticas capitalistas. Un secuestro da soberanía por parte dos mercados financeiros e por parte de Berlín. 

Non podemos plantar os nosos campos, non podemos ter gandaría, non podemos pescar, non podemos facer barcos...... 

Algún pode considerar os altercados de onte como un accidente, pero despois de ver a persecución e posterior carga policial dentro da Estación de Atocha, podemos cualificar isto como FASCISMO.


Recomendo a tod@s ver este vídeo de Esteban Ibarra, presidente de "movemento contra a intolerancia" da Policía Nacional e Miguel Ángel Fernández, representante do Sindicato Unificado da Policía, que sinalan aos verdadeiros culpables do malestar social. 


Entre os detidos en Madrid encóntrase o compañeiro Miguel Quinteiro (72 anos), histórico activista vigués, membro da Plataforma polo Aforro Público, Attac, Ecoar e Mesas de Converxencia Social de Vigo. Este foi brutalmente agredido e detido, despois de defender unha muller de ser agredida pola policía. 

A detención produciuse nos arredores da madrileña praza de Neptuno, actualmente permanece en dependencias policiais na comisaría de Moratalaz á espera de prestar declaración.

Alternativa Galega de Esquerda denuncia a súa detención e convoca un concentración esta tarde ás 18:00 no farol de Urzáiz en Vigo en apoio aos detidos.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: