5 oct 2012

CIG, CC.OO, UXT e USTG, denuncian supostas torturas a Xesús Anxo López Pintos

CIG, CC.OO, UXT e USTG, deron hoxe unha rolda de prensa para denunciar o acontecido durante a madrugada de hoxe en Ferrol.

O voceiro comarcal da CIG, Manuel Grandal, sinalou a José Manuel Rey Varela (alcalde de Ferrol), e a  Diego Calvo (presidente da Deputación de A Coruña) de provocar os incidentes acontecidos nas inmediacións do hotel Almirante. Segundo un informe facilitado polo citado hotel, tódolos asistentes puideron abandonar o edificio pola porta principal sen que se producisen altercados. A decisión de José Manuel Rey e Diego Calvo, de saír a escondidas e escoltados pola porta traseira (cociña) provocou aos alí presentes para incrépalos con forza.

Os catro sindicatos sinalan á policía nacional e local, de brazo executor das políticas represivas do PP, pois cando José Manuel Rey e Diego Calvo, xa abandonaran as inmediacións a policía deu volta sobre os seus pasos e cargou brutalmente contra os alí presentes. 

O asañamento e persecución de Xesús Anxo López Pintos quedou patente en probas gráficas amosadas neste vídeo da 6 TV  
Nel pódense apreciar as ameazas proferidas cando o teñen retido no chan, así como as que ten que escoitar o cámara de TV que efectúa a gravación.

O máis grave tivo lugar logo nas dependencias da policía nacional, onde supostamente Xesús Anxo López Pintos, foi sometido a torturas, en especial por parte dun policía que xa foi identificado. Os avogados da CIG xa están a traballar para presentar a correspondente denuncia

Cesáreo Fraga, secretario comarcal de UXT, visiblemente emocionado fixo un chamamento a unidade de resposta pacifica e democrática por parte dos sindicatos da comarca.

Julio Abelleira, secretario comarcal de CC.OO, fixo fincapé nos plans do PP para prohibir as manifestacións durante a campaña electoral.

Andrés Rodríguez, voceiro da USTG, quixo deixar constancia de que a concentración foi convocada polos comités de empresa de Navantia e poligal.

Unha testemuña presencial dos feitos quixo deixar constancia na rolda de prensa, de que un membro da policía local de Ferrol, foi o incitador para a detención de Xesús Anxo López Pintos, parece ser que este axente (tamén identificado) dicíalles aos da policía nacional  "Ese é Pintos", intre no que estes foron a por el.



Máis mostras de solidariedade. 
Alternativa Galega de Esquerda, decidiu suspender tódolos actos de campaña previstos en Ferrol, e o Consello comarcal de Esquerda Unida quitou un comunicado público de apoio o compañeiro.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

4 comentarios:

canariodopenedo dijo...

Suso neste video queda clro todo o que pasou.
Apertas.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=trevoCwJXSI

Anónimo dijo...

Yo estube alli, y pase miedo. Lanzamiento d piedras, ventanas rotas, lanzamiento de huevos y petardos, incluso a la policia. Es increible, q falta de educacion. Y aun encima despues de estar secuestrados sin poder salir hay q leer esto y aguantar al señor pintos de martir...lo primero, no se escupe vale?? Nfin debeis de pensar q si el PP es quien gobierna, es xq lo quieren los ciudadanos, dejad de hacer el tonto y de atentar contra la integridad de las personas!! Gracias

Susete70 dijo...

Anónimo, el miedo es también se pasa cuando no tienes un trabajo para llevar un sueldo para que coman tus hij@s.

Existe una diferencia notable entre Lanzar y Arrojar, yo fui testigo de como se Arrojaron las piedras, en ningún momento buscaban dar a la gente allí presente, buscaban estallar los cristales para asustar y presionar precisamente.

Siento que la gente lo pase mal, para nadie es agradable esta situación.

Como leerás yo no te hago culpable a ti de los males de la comarca, pero tú si que dices que yo atento contra la integridad de las personas. Estás confundid@.

Susete70 dijo...

PD.Tampoco incito, ni lo justifico, simplemente lo entiendo