6 oct 2012

Fotos da Manifestación "Contra as nefastas consecuencias do goberno Feijóo".

O pasado xoves, día 4 de outubro, tiña lugar a manifestación convocada pola CIG baixo o lema "Contra as nefastas consecuencias do goberno Feijóo". 

 Desta forma a CIG daba inicio a unha campaña de movilizacións para denunciar "As consecuencias nefastas" que tivo para Galicia o Desgoberno de Núñez Feijoo. 

Esta manifestación pasou case desapercibida nos medio, isto foi debido á posterior concentración celebrada diante do hotel Almirante, lugar de inicio de campaña do P€P€ de Ferrol. A carga policial que se produciu, e a detención de Xesús Anxo López Pintos, fixeron que a manifestación quedase como unha anécdota. 


As supostas torturas que denuncia o compañeiro Pintos, acaparan actualmente toda a atención. 

Dende esta bitácora quero trasladar ao compañeiro Pintos, toda a miña solidariedade, e espero que si se demostra esta denuncia recaiga sobre este axente todo o peso da lei (esa que cita a constitución) e co corpo policial depure todas as responsabilidades.

Hoxe fago publica a foto deste individuo, que o mesmo día, na celebración do acto democrático de inicio de campaña de Alternativa Galega de Esquerda, se dedicou a facer fotos aos alí presentes. (Se quería fotos con entrar no bloge da mencionada coalición xa tería acceso a elas, si é de Ferrol debía saber que aborrezo que me fagan fotos) Iba acompañado doutro home e unha muller, pero estes non fixeron "roubados" motivo polo que non poño foto deles.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: