7 oct. 2012

Mañá Manifestación contra os recortes do P€P€

Convocada polas centrais sindicais CCOO, UGT, e USTG , a manifestación partirá ás 20:00 h. da Praza do Inferniño.

Xulio Abelleira (CC.OO), Cesáreo Fraga (UXT), e Gregorio Freire (USTG) condearon a carga policial do venres contra @s traballadores/as, e solidarizaronse co secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, ferido e supostamente torturado por un policía nas dependencias policiais.

É un bo intre para demostrar na rúa de forma pacifica, democrática e contundente, a repulsa polos feitos acontecidos, e demostrar que @s traballadores/as e desmpregad@s, sabemos unirnos ante as desavenencias.

Eu non gosto de bandeiras, pero agardo que mañá @s compañeir@s da CIG decidan sumarse, e que desta volta si que leven bandeiras e fagan visible a indignación co Desgoberno do P€P€ e a unidade do proletariado.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

2 comentarios:

Dulce dijo...

Adiante

Dulce dijo...

Xustiza x y para o pobo