17 oct 2012

Protesta do Naval no mitin de Feijóo na Feira de Mostras de Ferrol

Preto de 300 persoas concentráronse hoxe diante da Feira de Mostras de Ferrol, para visibilizar no mitin do P€P€ o malestar do sector naval, na concentración tamén se deron cita un grupo de afectados polo timo das Preferentes. A presencia do polo de agora Presidente da Xunta, Feijóo motivou que moitos dos presentes preferisen mollarse a estar na casa no sofá vendo o partido da selección.



A concentración transcorreu de forma democrática e sen ningún tipo de incidentes, @s manifestantes limitáronse a berrar e botar algún que outro petardo agardando a chegada do aínda Presidente. Un amplo despregue policial blindaba a chegada deste e dos seus simpatizantes.

Chamoume a atención ver o gremio de taxistas de Ferrol alí representado, xa sabía que estes se posicionaran na campaña para Alcalde de Rey Varela, pero pensei fora algo puntual. En Ferrol xa estamos afeitos a que diversos gremios se decanten polo P€P€ grazas as promesas que fan. Sen ir máis lonxe nas casas baratas correu o rumor de que algún do P€P€ ofrecera "legalizar" a situación irregular dalgúns inquilinos.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: