22 nov. 2012

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES EN NARÓN

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da 
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES 

CONVÍDAVOS UN ANO MÁIS A TODAS E TODOS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DE GALICIA DE NARÓN ÁS 12H. DA MAÑÁ O 25 DE NOVEMBRO, PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. 


Este ano baixo o lema


"POÑÁMOSLLE CARA Á VIOLENCIA QUE NON SE QUERE VER" 


poremos a nosa ollada sobre esa violencia que non da coiteladas, nin labazadas, nin berra, é esa violencia simbólica menos evidente e máis estratéxica pero que igualmente representa o poder de "uns" sobre "outras". Esperámos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista. 


MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: