19 nov. 2012

Malestar xeneralizado contra o BNG en Ferrol

O titular da noticia tiña que ser Ferrolterra co pobo palestino, máis de 300 Ferrolanos participaron na concentración solidaria co pobo palestino.

Pero NON, o acto viuse embazado por un "suposto despiste" do BNG. Este partido convocaba hoxe (pola súa conta) manifestacións de solidariedade con Palestina, ata aí nada que obxectar. O Consello Nacional do BNG aprobaba o pasado sábado unha resolución na que 'mostraba a súa solidariedade co pobo palestino'. Vázquez fixo un chamamento aos cidadáns a participar nas concentracións que o BNG organizararía na xornada de hoxe nas cidades galegas ás 20.00 horas.

Neste enlace pódese ver a noticia: http://www.atlantico.net/noticia/218838/palestinos/marcha/

Unha compañeira, Elena Casal, fixo pola súa conta unha convocatoria nas Redes Sociais, SEN BANDEIRA, para as 20:30 horas, ao momento, en toda Galicia, puidemos ver como dende distintas executivas comarcais do BNG cambiaban a hora e adaptábana ás novas convocatorias, neste sentido ninguén se tiña porque sentir molest@.

Pero para asombro de todos os asistentes o acto de Ferrol viuse POLARIZADO polo BNG, leron un comunicado do partido en solidariedade co pobo palestino, e en todo momento deron por feito de que o acto era do BNG.

Non sei de quen foi a culpa deste fallo grande, pero hai un ou máis culpables. Transmítolle á executiva do BNG o malestar dos alí presentes, inclúome entre os cabreados. Supoño que non foi malintencionado, os membros deste partido parecían convencidos de que era un acto propio. Pero hai que estar durmidos para non se dar conta de que a maioría d@s alí presentes non tiñan que ver nada co BNG.

Ollei compañeir@s de Anova, CxG, EU, Forxa, NÓS, etc,etc........... MOLEST@S


Vari@s membros do BNG publicaran iste chamamento:

O Consello Nacional do BNG celebrado este sábado, ante a nova agresión de Israel ao pobo palestiniano, aprobou por unanimidade a seguinte proposta de resolución:

“O Consello Nacional do BNG amosa a súa solidariedade do pobo palestino e condena tallantemente a agresión israelí que estes días está a bombardear a faixa de Gaza e asasinando poboación palestiniana. 

O BNG denuncia que diante da pasividade da chamada comunidade internacional, Israel volve empregar o sangue inocente dos palestinos nas súas compañas políticas, nun momento no que se vai votar na ONU o novo estatuto de Palestina e en xaneiro haberá eleccións en Israel. 

Xa que logo, o BNG insta tamén ao goberno do señor Rajoy a non permanecer indiferente, a condenar estes ataques do Estado israelí e a defender activamente unha solución política e xusta para ese conflito. 

O BNG, en consecuencia, chama á cidadanía a manifestarse contra estas agresións e en defensa do que é xusto: o Estado palestino. 

Neste sentido, o BNG convoca concentracións en todas as cidades galegas o vindeiro luns no entorno das 20:00 horas”. 

HOXE NON HAI FOTOS!!

POR SI QUEDAN DUDAS DE QUEN CONVOCABA ÁS 20:30

A concentración foi artellada para Ferrol por xente a titulo individual e por “Campanha Bds Galiza” (http://www.bds-galiza.org/) o día 16 de novembro, https://www.facebook.com/events/511078282250106/ , (en Ferrol foi Elena a que propuxo hora e lugar, a sabendas de que o BNG a facía antes). 

DENDE O BNG MUDOUSE A HORA, E A CONVIRTIRON NUN ACTO PROPIO.  REPITO O COPIA É PEGA QUE FAGO É DE VARI@S MEMBROS DO BNG, NO QUE FIXAN A HORA PARA ÁS 20, LOGO NA WEB DO PARTIDO, O MESMO DÍA DA CONCENTRACIÓN MUDAN HORARIO, FACENDO COINCIDIR CO DESTE EVENTO, PUBLICANDO A MESMA ÁS 13:43 (http://www.bng-galiza.org/blog/2012/11/19/concentracions-en-apoio-ao-pobo-palestino/)

 MÁIS CLARO AUGA 


Visitas da entrada ata o de agora 727,  e subindo






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

16 comentarios:

Anónimo dijo...


Coño, pues lo mismo que hace fuco buxan en todas las movidas que puede, ya se sabe que los politicos trabajar poco y aprovecharse de los demas mucho...nada nuevo bajo el sol!

Susete70 dijo...

Será por que están en todo??

Anónimo dijo...

Amigo Susete: estar, estarán "en todo"; pero enterar, xá vexo que non se enteran de moito

http://www.bng-galiza.org/blog/2012/11/19/concentracions-en-apoio-ao-pobo-palestino/

Podes explicar onde está a convocatoria do BNG ( non dos medios) para as 20 horas???? Polo demáis, xa se vé que dixerides moi mal a pluralidade, e que o voso cabreo se converte en sectarismo cando nas fotos non saídes só os que "estades en todo". Mala comida, amigo.....

Susete70 dijo...

O BNG CONVOCOU A HORA QUE VEU QUE SE FACÍAN AS DISTINTAS CONVOCATORIAS ESPONTANEAS. AS MUDOU EN FUNCIÓN DA DEMANDA!!!!!

A CONVOCATORIA PARA ESA HORA A FAI MESMO UN COMPAÑEIRO TEU, E É ISTA QUE LES, E XA FOI PUBLICADA NESTE BLOGUE

O Consello Nacional do BNG celebrado este sábado, ante a nova agresión de Israel ao pobo palestiniano, aprobou por unanimidade a seguinte proposta de resolución:

“O Consello Nacional do BNG amosa a súa solidariedade do pobo palestino e condena tallantemente a agresión israelí que estes días está a bombardear a faixa de Gaza e asasinando poboación palestiniana.

O BNG denuncia que diante da pasividade da chamada comunidade internacional, Israel volve empregar o sangue inocente dos palestinos nas súas compañas políticas, nun momento no que se vai votar na ONU o novo estatuto de Palestina e en xaneiro haberá eleccións en Israel.

Xa que logo, o BNG insta tamén ao goberno do señor Rajoy a non permanecer indiferente, a condenar estes ataques do Estado israelí e a defender activamente unha solución política e xusta para ese conflito.

O BNG, en consecuencia, chama á cidadanía a manifestarse contra estas agresións e en defensa do que é xusto: o Estado palestino.

Neste sentido, o BNG convoca concentracións en todas as cidades galegas o vindeiro luns no entorno das 20:00 horas”.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ESA CONVOCATORIA A ESA HORA NON FOI FEITA POLO BNG, DE FEITO ATA NUN XORNAL LOCAL LLE ATRIBUEN ERRONEAMENTE A CONVOCATORIA DAS 20:30 A ESQUERDA UNIDA.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ESA CONVOCATORIA A FAN CIDADÁNS
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CANDO DIS VOSO CABREO PLURALIZAS PERIGOSAMENTE, A MIN NON ME VOLTES POR ETIQUETA ALGUNHA, EU NUNCA MAMEI CÁMARA COMA TI
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(SI CHEGO SABER QUE IDES BOQUEAR NON DEIXARÍA LUGAR A "PRESUNCIÓN DE INOCENCIA")XA SON MOITOS "ANTECEDENTES"

Susete70 dijo...

Outro medio que minte.......
Quen mandaría esa convocatoria aos medios, as hordas españolistas?
http://www.laregion.es/noticia/232256/convocan/marchas/apoyo/pueblo/palestino/

Anónimo dijo...

Amigo Susete: tranquilo. Non vou polemizar con algo que é facilmente comprensíbel, simplemente botando man das fontes oficiais. Tí mesmo te delatas cando pretendes darlle máis valor a unha información de "La Region" que á que fixo pública o BNG, pero é normal que o fagas cando o único que pretendes é enmendar a metedura de pata que fixeche no comentario deste blog.
Polo demáis, si fago referencia ao cabreo "en plural" é xustamente porque tí pluralizache o "malestar" tamén colectivamente. Retiro, pois, a referencia colectiva, se tí retiras tamén a túa afirmación ao "malestar colectivo".
Con relación ao de mamar cámara con respecto á miña persoa, erras novamente. Se repasas os medios - incluidas as redes sociais que ti axudas a inundar abondosamente - non atoparás por ningures o meu careto. A non ser que, como estou a ver, te equivoques de persoa. Sería unha mágoa que tamén te equivocases de enemigo...Saúde e paciencia!!!

Anónimo dijo...

http://galiciaconfidencial.com/nova/12258.html

Susete70 dijo...

Pois si no mamas cámara estas facendo de vasallo ou esbirro. E nas redes sociais das que falas un compañeiro teu,do que extraigo o da manifa ás 20:00h a tivo posta para ás 17:00hs pero o eliminou, cheguei tarde. A fonte fiable é o secretario xeral do BNG, en correo enviado aos medios (20:00 h) Para contrastar o que eu digo saíde da cova e mesturade coa xente. Como en todo chegades tarde mal e arrastro http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/11/19/afectados-desahucios-tildan-oportunista-mocion-bng-modificar-ley-hipotecaria/713865.html

Susete70 dijo...

Perdón (digo 17:00 é un erro), puxo 19:00 h

Susete70 dijo...

En todo momento "xoguei" con que tiverades un "despiste", vexo co tedes claro :)Ah! a ligazón da páxina do BNG que pos, é publicada o día 19 ás 13:43, ides lentos ou a "remolque" tanto ten :) Que sepas tamén, que de máis de 700 pesoas que leron xa isto (e subindo), fuches o único que me levou a contraria :) saúde, paz e liberdade

Anónimo dijo...

Vaia....Menos mal que a túa preocupación era poñer en valor a participación na concentración contra da agresión a Palestina!!! Claro que, de paso, emprégaste a fondo no que semella ser a túa preocupación: o BNG. Pois tranquilo, home. Diso xá nos ocupamos outros, e creo que coa cantidade de choio que tés ti noutros "movimentos", xa estarás abondo ocupado.
De todas as maneiras, creo que mantiven un tono de maior respecto ás cousas que ti comentache - por moito que foran inexactas, por non decir tendenciosas - en troques das acusacións ( vasallo, esbirro..) que me adicas e que, humildemente, non merezo. Chegados aquí, e como nen mostras interese por Palestina, nen tampouco pola realidade; pois sinxelamente cambio e corto. Se coincidimos noutra, agardo que podas quitar as fotos e escoitar os discursos da xente coa que te sentes máis cómodo. Reitero o da saúde, porque xa miro que paciencia tés máis ben pouca...

Susete70 dijo...

O definirte como Vasallo (Suxeito a un amo) ou Esbirro(Persoa "pagada" por outra para facer o traballo sucio) non penso que sexa insultar, só outra forma de "ver a vida", cada un sabe a quen se "debe"

Eu podo dicir que son ceive de falar e trabucarme por mi mesmo, son meu único "condicionante", sen que continuamente me queras atribuir unha "ubicación ou mochila"

Miña inquedanza co padecemento do pobo palestino non penso que sexas ti quen de sabelo, tampouco cho vou contar aquí.

Quero pensar é que a xente que se achegou a concentración foi por sentimentos e non por rédito político,(supoño) indistintamente do que ao meu modo de ver, e ao da maioría, foi unha metedura de zoca.

Saúde, paz e liberdade






Anónimo dijo...

Pues coño, otra vez. De manera que los argumentos del gestor de este blog son denunciar que algunos fueron con pancartas y megafonia a la concentración, y oculta que otros ( Fuco Buxán, por ejemplo ) tenía tambien su pancarta y su megafonia; de la que hizo uso curiosamente no para denunciar la situación de Palestina, sinó para proponer una acción conjunta sobre el tema para el futuro ( por cierto, algo he leido en las redes sociales para el sábado en compostela ).
Creo que si se hace una crítica, hay que ser objetivo, y con todo el mundo. Si no se hace así, lo mejor es permanecer callado. Y, por cierto, creo que el éxito de las visitas no se lo atribuirá el gestor de blog por sus comentarios.

Susete70 dijo...

Calquera podía ir coa bandeira ou faixa que quixera, só faltaría. Vexo que oes e non ESCOITAS, o problema é cando un partido faise coa concentración como si fose un acto deles e le seu propio manisfesto. A concentración foi artellada para Ferrol por xente a titulo individual e por “Campanha Bds Galiza” (http://www.bds-galiza.org/) o día 16 de novembro, https://www.facebook.com/events/511078282250106/ , (en Ferrol foi Elena a que propuxo hora e lugar, a sabendas de que o BNG a facía antes).

DENDE O BNG MUDARASE A HORA, E A CONVIRTIRON NUN ACTO PROPIO (SAÍDE DA COVA E PERGUNTADE A ALGUÉN QUE TEÑADES POR IMPARCIAL)

REPITO O COPIA É PEGA QUE FAGO É DE VARI@S MEMBROS DO BNG, NO QUE FIXAN A HORA PARA ÁS 20, LOGO NA WEB DO PARTIDO, O MESMO DÍA DA CONCENTRACIÓN MUDAN HORARIO FACENDO COINCIDIR COS DESTE EVENTO, PUBLICANDO A MESMA 13:43.

MÁIS CLARO AUGA

SAÚDE

Anónimo dijo...

Susete:Polemizar co BNG-UPG, ademais de ser un debate esteril e unha perda de tempo e de esforzo.

Deixaos na súa marxinalidade e pasa deles.

Na concentración da que falas, das 300 persoas que asistimos , non había nin 30 que acudiran ao chamado da UPG.
Deixaos coas súas miserias

Susete70 dijo...

Con respeto a Fuco Buxán, nin teño, nin quero ter nada que ver con esta Asociación.

Este blogue é persoal e non acepta adoctrinamento algún.