17 nov 2012

Cidadáns facendo o que non fai o desgoberno do P€P€.

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" continúa a recuperar espazos públicos en estado de abandono por parte do desgoberno local e autonómico do P€P€, desta volta foi nun solar propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Soo, o mesmo estaba cuberto dunha planta invasora.

Finalizamos os labores en Caranza, a pesar da persistente chuvia, dimos rematado o traballo, que consistiu na roza do Plumeiro da Pampa (Cortadeira selloana), Agora tócalle ao Concello de Ferrol esixir ao Instituto Galego de Vivenda e Soo, a recollida de restos e efectuar neste soar unha acción con maquinaria agrícola para erradicar definitivamente esta especie invasora. 

Durante a semana pasada, o colectivo de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, encargouse da queima dos restos retirados na fortaleza de San Cristovo, en vista da pasividade amosada por parte da Autoridade Portuaria e do Concello de Ferrol, decidimos solicitar os oportunos permisos na Xunta de Galicia, permisos que nos concederon sen ningún tipo de impedimento.

Xa temos decidido onde acometeremos a seguinte acción de recuperación doutro espazo público da nosa cidade. Non desistiremos no noso empeño de parar o despilfarro previsto para a Praza de España de 700.000 euros de diñeiro público. 

Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación dá natureza, paraxes e patrimonio dá cidade, á parte de xerar un beneficio adicional para o comercio dá nosa cidade, que ben necesitado que está.



Apúntate!! 
e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com 
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497 

  Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: