16 nov 2012

Alternativa Galega de Esquerda "Tomou o Parlamento"

Alternativa Galega de Esquerda copou o protagonismo da elección da Mesa do Parlamento Galego. Ás 11:50, dende a Praza de Galicia, partía a comitiva de AGE arroupada por unhas 300 persoas ao berro de HAI QUE BOTALOS! 

Os medios de comunicación se amontoaban e empurraban para cubrir este traxecto ata o Parlamento, as portas deste, outras 200 persoas protestaban polas preferentes da banca, estes estiveron acompañados polos diputad@s do BNG . Os arredores do parlamento convertíanse desta forma nun autentico "manifestódromo" de cor, que era seguido de preto por un amplo despregamento de membros da policía nacional e autonómica. 

Xa no interior do parlamento se deu unha situación curiosa, a Beiras tocoulle presidir provisionalmente a Mesa do Parlamento por ser o membro de maior idade, e bromeou dicindo; que aproveitando esta situación inédita estivo tentado a disolver o parlamento e repetir os comicios.

Máis info en: http://praza.com/politica/2717/beiras-capitaliza-a-constitucion-do-parlamento-e-vence-a-tentacion-de-disolvelo/ 




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: