10 nov 2012

Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas victimas da banca.

Ante a indignación provocada na sociedade polos recentes suicidios de xente que ía ser desafiuzada da súa vivenda, xorde de forma espontanea unha convocatoria de concentración nas redes sociais.

Esta terá lugar ás 12:00h do domingo, na Praza de Armas - Ferrol.

Baixo o lema; 

"Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas victimas da banca"

Paremos esta eiva, por unha banca pública, pola dación en pagamento, polos alugueres sociais, por unha rede de vivendas sociais, polo dereito á vivenda e á dignidade. 

No evento especificase que é unha concentración cidadán, con micro aberto para quen quera falar.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: