17 ene 2013

FORZA LAURA!!

A Secretaria Confederal de Políticas Sociais da CIG compareceu onte mércores ante a xustiza, acusada de falsificación documental continuada. Laura Bugallo foi detida e permaneceu no calabozo durante case que 50 horas. A súa detención produciuse ao pouco de ter acompañado –como técnica do departamento de Migración- a 57 traballadores marroquís a denunciar unha trama que proporcionaba inmigrantes como man de obra barata a empresas galegas. No decurso desta entrevista, lembra ese proceso e salienta os aspectos máis relevantes da súa actividade. Denuncia os recortes sociais que se están a acometer so pretexto da crise e chama a crear as sinerxías necesarias para sumar esforzos e aglutinar as loitas nunha soa. 
Fonte: http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-1-2013/laura-bugallo-esta-causa-xudicial-e-un-aviso-a-navegantes


Cumpre facer unha pregunta e cuestionar en voz alta, por que a CIG non mostra ese apoio público a Laura, tal como mostrou co compañeiro Antolín Alcántara? 

Nesta ligazón vemos as distintas presións exercidas (e ben feitas) polo sindicato na defensa deste compañeiro. http://www.galizacig.com/avantar/taxonomy/term/1015

Onte ás 12:00 h tiña lugar en Ferrol unha concentración convocada pola mocidade da CIG, contra as súas políticas antisociais. Aínda que nesta se fixese mención á compañeira Laura Bugalho (que non o sei) é unha falta total de consideración e programación por parte do sindicato, motivo polo que decidín non participar desta.


A primeira vez que se fala do caso de Laura na páxina do sindicato, é de antonte 15/01/2013, e a segunda foi de hoxe 17/1/2013

De feito o manifesto que se leu en Compostela, foi o redactado polo Foro Galego de Inmigración. 

Esta critica fágoa extensible para o resto dos sindicatos, que parecen descoñecedores da realidade social de Galicia, e do que representa Laura Bugalho na loita social, tanto das mulleres, inmigración e os dereitos do colectivo LGT de Galicia....

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: