17 ene 2013

O PÚBLICO NON SE VENDE, O PÚBLICO SE DEFENDE!!

Hoxe tiveron lugar varias concentracións en diversas cidades galegas, Contra os Recortes Laborais e o Deterioro dos Servizos Públicos. Estas foron convocadas por tódalas organizacións sindicais con representación no sector público: CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a "Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos"´

A de Ferrol, celebrada baixo un incesante diluvio, congregou a preto de medio millar de persoas, a chuvia non daba tregua, o que motivou que non houbese tempo a moito, e deuse celeridade á lectura do Manifesto Unitario.



Esperemos que esta unidade sindical sexa o preludio dunha gran folga xeral.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: