16 feb 2013

16 - F EN FERROL, MANIFESTACIÓN DE STOP-DESAFIUZAMENTOS





Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra, da Rede de Apoio Mutuo, convoca unha manifestación en Ferrol. 

Ás 12 do mediodía, do Sábado 16 de Febreiro, dende a Praza Amada García (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia). 

Polo dereito á vivenda. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desahucios xa! 

Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistemáticamente vulnerado no noso país. 

As Plataformas de Afectados pola Hipoteca denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir a miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas de desafiuzamento, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos diferentes gobernos que polo de agora, se alternan na Moncloa.

forosocialdeferrolterra@gmail.com.http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Mapa das Manifestacións de APH do #16: http://afectadosporlahipoteca.com/manifestacion-16f/#mapa-convocatorias

Conta no facebook: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/128767837295916/?ref=22 

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: