16 feb 2013

Celebrada en Ferrol a Manifestación de Stop Desafiuzamentos.

Hoxe tivo lugar a manifestación convocada a nivel estatal pola P.A.H (Plataforma de Afectados polas Hipotecas). En Ferrol convocou a Rede de Apoio Mutuo - Stop Desafiuzamentos Ferrolterra. 

A manifestación partía ás 12:10 do mediodía da Praza Amada García, baixou pola Rúa Real e dirixiuse a Amboage, para finalmente entrar pola Rúa Dores á Praza de Armas.

A compañeira Elena foi a encargada de ler o manifesto, a continuación falou unha rapaza que acaba de conseguir a dación retroactiva en pagamento, animando a xente con problemas de desafiuzamento e débeda contraída, que forcen as súas entidades bancarias a aceptar a dación como pagamento. Logo deuse paso a micro en aberto para quen se quixese expresar.



Á tarde celebraranse estas manifestacións

Lugo: 18.00 Praza Maior
Ourense: 18:00 Alameda
Vigo: 18:00 Saida dende O Marco ata a sede do PP
Cangas de Morrazo: 20:00 Concello de Cangas

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: