25 abr 2013

Manifestación Unitaria na Defensa dos Servizos Sociais Públicos

Manifestación unitaria, celebrada onte á tarde en Ferrol, contra os recortes de persoal e de deterioro dos servizos públicos asistenciais.

A pesar da pouca xente que asistiu á mesma, esta foi secundada por distintas forzas sindicais e políticas, CCOO, CIG, CSIF, UGT, USTG, BNG, EU, PSOE, etc.

O que dende o P€P€ denominan como externalización de servizos, non é outra cousa que a privatización dos mesmos, malia que moitas veces nós mesmos caiamos nese mesmo erro, e usemos por defecto esa mesma linguaxe manipulada, ao final este detalle que pode parecer sen importancia dá lugar a que o convertamos nunha linguaxe popular.

O que nos venden como austeridade e aforro, non é outra cousa que supresión de servizos, e a concesión destes a empresas privadas de amigachos.
Premer para ver as fotos
Unha idea que me corre pola cabeza, é que ben podía aproveitar o Sr Feijóo a súa demostrada amizade con algún NARCO, e conseguir para o SERGAS unhas cantas toneladas de COCA a bo prezo. Seguro que si suministrase pequenas doses aos empregados públicos estes andarían a 200 por hora e podería suprimir a metade de persoal.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: