26 abr 2013

TODA A CIDADANÍA CONTRA O P€P€

O Concello de Ferrol foi tomado literalmente pola cidadanía no Pleno de que tiña que celebrase onte. No hemiciclo non collía unha alma, estaban @s traballadores/as de; Navantia, Poligal, Maderas del Noroeste, Tecnymo, Sanidade, Ensino, FIMO, CAMF, Afectad@s polas preferentes, Marcha Mundial das Mulleres, Stop Desafiuzamentos, e un longo etc de indignad@s


@s asistentes/as, puño erguido, entonaron rabiosamente o Grândola Vila Morena ante a cara estupefacta dos concelleiros populares e de Juan Fernández, de Independentes por Ferrol. 

Berros continuos de:

Mentireiro!! 

Sinvergoña!! 

Ao Naval, DIQUE SI!! 


Aí está.. a cova.. de Alí Baba!! 

Non hai pan.. pá tanto chourizo!!

Dimisión!!


 etc.. Foron parte dos calificativos tan merecidamente gañados en dous anos de DESgoberno.


O Pleno ao final suspendeuse, e non só pola imposibilidade de discorrer deste, se non que non existía o garante da seguridade dos concelleiros do P€P€, est@s decidiron refuxiarse nun cuarto que hai na mesma instancia. Tanta eran as présas por escapar, que mesmo Guillermo Evia, concelleiro de DESurbanismo deixouse esquecida a súa carpeta (Pero para o que a usa non se perde nada).
Premer para ver as fotos


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: