16 may 2013

Os traballadores/as do Naval queiman monigotes de Feijóo e Rey Varela na sede do P€P€

Recollo o texto do xornal local, o Diario de Ferrol que describe perfectamente o acontecido.

Os traballadores de Navantia ditaron a súa sentenza esta mañá e enviaron ao cadafalso o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. Bonecos coas súas caretas e senllos carteis nos que podía lerse "Flotel, culpable" e "Dique, culpable" encabezaron a manifestación desta mañá, ambos os dous coa soga ao colo, ata chegar á porta da sede local do PP, onde foron queimados.

Máis de dous mil operarios abandonaron o estaleiro ferrolán ás once da mañá e dirixíronse, primeiro baixo unha lixeira chuvia que despois foi intensificándose, ata a rúa do Sol onde está situado o local do Partido Popular. A manifestación moveuse a distancia do Concello de Ferrol, que estaba fortemente custodiado por cinco furgóns da Policía Antidisturbios e varios coches da Policía Municipal. Finalmente, a manifestación detívose unicamente ante a sede do PP e pasou de longo ante a casa do concello, para regresar á factoría. Parte dos operarios desviáronse, no seu regreso ao tallo, ás portas do edificio da Xunta para expresar o seu apoio aos traballadores do servizo de dependencia da Xunta, que protestaban polo seu desmantelamento.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: