10 may 2013

Protesta cidadán na defensa da Enseada da Malata e a Ría de Ferrol

Entre 200 -250 persoas concentráronse hoxe na Praza de Armas, ante o chamamento feito por parte do colectivo opositor ao trazado sur, colectivo formado por trinta colectivos e asociacións.

Xandro García, un dos voceiros do colectivo, destacou o alto valor ecolóxico e produtivo que ten aínda a ría, malia a falta de funcionamento da depuradora e aos lodos acumulados nela. A construción do trazado sur, co viaduto que teñen previsto, supoñería matar a Enseada da Malata, que vén a ser unha "ría dentro da propia ría".

Destacou tamén como interesante a charla mantida con Ana Pastor, ministra de Fomento, que recoñeceu descoñecer os datos e inconvenientes que lle trasladou o colectivo. Así mesmo comprometeuse a estudar a información que se lle envíe por parte do colectivo opositor a este trazado.

Cousa que a día de hoxe non fixo o aínda alcalde do DESgoberno de Ferrol, José Manuel Rey Varela, nen a "pandi" que ten como concelleir@s.



Blogue do colectivo opositor ao trazado sur.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: