28 jun 2013

Afíns ao P€P€ perden os nervios no pleno.

Pudemos ler nalgún medio que durante o pleno se deron insultos entre o público, o único que existiu foron as continuas queixas e reproches, lanzados por persoas achegadas ao Partido Popular  contra os manifestantes.

A Coz de Galicia, mente deste xeito:

"El cruce de insultos y acusaciones fue constante entre algunos de los que se manifestaban y personas entre el público. Hasta que una señora demandó que se identificase a uno de ellos, al sentirse insultada por él".


O que aconteceu sae neste vídeo, no que se ve o reducido grupo de achegados do P€P€, non deixaron en ningún momento de increpar os protestantes, cando un deles decidiu responder educadamente aos insultos, unha das señoras que máis increpaba, requiriu a presenza policial, dicindo que se lle insultara gravemente. O curioso é ver no vídeo que ela non escoita ese insulto, se non que é a persoa que ten detrás dela que lle di que a insultaron. 
Cando se desaloxou a sala, estas mesmas señoras, volvían increpar de novo os manifestantes, un dos policías locais que protestaban, dirixiuse a ela e pediulle un pouco de respecto.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: