4 jul. 2013

Marcha do naval ao redor da ría de Ferrol.

Con esta marcha @s traballadores/as dos estaleiros seguen co seu calendario de denuncias, en especial sobre as promesas incumpridas polo P€P€, o de construción do dique flotante, e o Flotel para a mexicana Pemex.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, solidarizouse en nome d@s traballadores/as do naval de Ferrol, cos compañeir@s dos estaleiros privados, que se ven ameazados dende a UE con ter que devolver as axudas tax lease, o que acabaría definitivamente co naval de Vigo.

A marcha percorreu catro municipios da bisbarra, os traballadores/as de Navantia Ferrol saían ás 11:30 h cara á ponte das Pías, ao final da mesma encontrábanse cos traballadores/as do estaleiro fenés, dende alí partian todos xuntos dirección Neda, e logo cara a Narón, onde se fixo un pequeno descanso para tomar un bocadillo. Ao chegar á rotonda próxima a Megasa, a marcha se detivo uns minutos, e leuse un comunicado de apoio e solidariedade cos traballadores/as desta empresa. A marcha chegou de volta a Ferrol ás 16:30 h


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: