28 sept 2013

XORNADAS "FEMINISMO EN OBRAS"

Á MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DA GALIZA prácenos invitarvos ás xornadas feministas que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", temos organizado para o próximo sábado día 5 de outubro no Centro de Día Municipal "Manuela Pérez Sequeiros" de Narón.

Consideramos imprescindible nestes momentos de recortes e retroceso ideolóxico abrir un espazo para a reflexión, para coñecer en que punto estamos e para saber cal é o futuro do feminismo. En resumen un espazo para seguir costruindo feminismo entre todas. Adxuntamos o cartaz e o programa das xornadas.

Podédesvos inscribir na páxina da MARCHA feminismo.info ou directamente no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1eAgv2JxuGp_3TMGyhtA51VAiwRN4PcmRarwM6r4eBm8/viewform Tamén temos un nº de tlf.: 659352044(Esperanza) Ás 14,30h. teremos un xantar por 8€(imprescindible inscripción) para quenes queirades compartilo con nos e coas relatoras das mesas.

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!!!

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres www.feminismo.infonacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: