5 oct 2013

S.O.S O LÚNS DESAFIUZAMENTO EN CABANAS

O vindeiro Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá na urbanización "Los Llanos" nº3,en Cabanas, (fronte a Praia da Madalena) concentración para evitar o desafiuzamento de Sandra, do seu fillo menor de idade, súa nai e a súa irmá.

Esta muller estivo asesorada pola Asociación "Ve-la Luz" despois de ter sufrido violencia de xénero. Pese a ter fai tempo constancia deste caso, este levouse con sumo coidado

Malia ter hai tempo constancia deste caso, este se trato con suma discreción co fin de garantir a seguridade de Sandra e do seu fillo.

Agora é o momento de facer ruído e entre tod@s impedir esta inxusta actuación xudicial, pois non se trata dun desafiuzamento bancario, se non co mesmo ven precedido por unha denuncia interposta polo novo propietario do piso, pois o ex marido de Sandra vendeu esta vivenda sen preocuparse por Sandra nin polo seu fillo, supostamente incurrindo en imnumerables ilegalidades que deixarian deste xeito a tres mulleres e a un menor na rúa.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: