8 oct 2013

A regasificadora do Musel IL€GAL, segundo unha sentenza do TSXM

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou sentenza considerando ilegal a regasificadora do Musel (Xixón), aceptando un recurso presentado en 2008 por EQUO-O - Os Verdes de Asturias, contra a resolución do Ministerio de Industria que autorizaba a súa construción. A decisión xudicial baséase no feito de que a instalación non respecta a legalidade ao estar construída a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, incumprindo o estipulado no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP).

A Planta regasificadora, xa finalizada, non foi conectada á rede por decisión do Goberno central, que o considerou innecesario, dado que non ten demanda de subministración e que as máis próximas, Bilbao e Reganosa están a funcionar moi por baixo da súa capacidade, non obstante Enagás, "está a cobrar" a amortización por "retorno do investimento" que se carga á factura dos usuarios" da rede de distribución de gas.

Neses intres as administraciones, central, autonómica e local, " estaban desgobernadas polo P$O€, que encubriron en todo momento y permitiron as irregularidades" 

 A contradicción na que cae o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que ditou resolucións contrarias, polos mesmos motivos, nas demandas contra Reganosa, cuxos incumprimentos son moito máis graves:

A distancia de Reganosa aos núcleos de poboación (Mugardos, Ferrol, O Seixo, etc..) é moito menor.

Reganosa está practicamente encostada a un perigoso complexo petroquímico.

Carece de Declaración de Impacto Ambiental e de Plan de Emerxencia.

Imposiblidad de cumprimento da normativa de seguridade, caso de emerxencia, para os gaseros cargados de GNL. A Planta do Musel está en mar aberto, mentres Reganosa está situada no interior dunha ría cun complicado acceso.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: