Fai uns días denunciéi a manipulación do xestor do blogue Ártabra21, blogue que supostamente representa a un colectivo, nada máis lonxe da realidade, pois mesmo é xestionado e manipulado con mala intencicionalidade.
Agora anuncia as Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol, que organiza a SGHN, Verdegaia, e a AA.VV do Pilar, atribuíndo unha das conferencias doutro acto as mesmas.
Atribúelles a charla do arquitecto Alber Cuchi, que pertence ao Ciclo de Conferencias; "Ferrol Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", organizado pola Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol, Roi Xordo, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Isto faino despois de ter omitido o comunicado do devandito acto, e pese a escoitarse claramente no audio que publica que a charla é organizada por outros colectivos.
Dende a Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol, Roi Xordo, puxéronse en contacto co xestor do blogue para que rectificase a noticia manipulada, pero este fai oídos xordos.
Iste é o segundo correo que mándaselle:
Hoxe aínda segue sen arranxar a manipulación das Xornadas da COAG e Roi Xordo por parte da persoa ou persoas que xestionan o Blog de Artabra 21 e segue aparecendo unha información desas xornadas (que non se publicitaron no voso blog e agora se utilizan) dentro do anuncio dunhas xornadas sobre o saneamento da Ría.
A pesar do correo que recibimos ás 22:40 de onte, e a pesar das reiteradas queixas a situación segue igual.
As persoas que formades parte do Colectivo Artabra 21 debedes resolver o grave problema de como se está xestionando o voso Blog e de si ese é o blog dun colectivo ou é un blog persoal.
O mesmo aviso fáiselles chegar dende a AA.VV de Esteiro.
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro, como compoñentes de Roi Xordo, ESIXIMOS a correción inmediata dunha nova referida ás Xornadas organizadas pola Federación Veciñal Roi Xordo e o Colexio de Arquitectos de Galicia, que se incrusta, de maneira intencionada e manipulando a realidade, dentro dunhas xornadas que se van celebrar no mes de novembro sobre o saneamento da Ría.
Pensamos que os membros de Artabra21 deben fiscalizar o que se publica e como se publican as cousas no voso Blog, xa que a responsabilidade e de todas e todos vos.
É VERDADE QUE HAI "Mala gente que caminha e vai apestando à terra", eses son os "Habitantes da Terra Media"
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
22 comentarios:
temos que gardar a muniçao,a munição de primeira deve-se gardar para gente de primeira linha, não para suboficiais com ganas de ascender rápido,ós fuco-lalan,á ces-family-party(xestores dos inesistentes foro social de ferrol terra-rede de apoio mutuo- stop desafiuzamentos-comiçao por unha vivenda .artabra 21...é demais recursos gz...)sao de decimoitava linha.Saude e força a todol@s companheir@s que loitan contra a sua partitocracia.
A cousa aínda é máis grave, o Ces-InacioParty, non publicaron a información de que Roi Xordo e a COAG celebraban esas xornadas e agora publican unha información manipulada da conferencia de Albert Cuchí.
MALA XENTE QUE VAI APESTANDO A TERRA
A ver, a noticia parte do blogue de cidadans e Inacio o unico de fai é metela no seu blogue. Asi de sinxelo.
Chema, o que estás a ler son os últimos correos que mandáronselle á persoa que mencionas...
Previamente o avisaran noutros, e pese a telos leídos, nin rectifica, e sigue pasando.
Leva tempo alimentando malestar coa AVV de Esteiro, e ti eres participe delo. Ao final fuchedes aliaros co Caselas, e todo porque esta AVV non se posicionou con vós.
Era necesario por non compartir UN punto de vista chegar as descalificacións?
Aquí o gran fallo foi de tódalas forzas políticas que tiveron diante o proxecto e non piaron ata que uns cidadáns lles facilitaron información de que podíanse facer mellor as cousas.
Volvendo ao tema;
Previo a isto,.. xa denuncie algunha outra cousa que ten acontecido, e as que van ir aparecendo... recomendoche que si queres "axudalo" non entres, pois eu vou dar o meu punto de vista e visión dos feitos que coñezo de primeira man, e que a xente quite as conclusións, e penso que si "Xán do Couto" non é quen de respostar é por algo.
Apertas e saúde Chema
No Blogge do Caselas Party, tamén está a noticia manipulada e a seguen mantendo dentro das " Xornadas polo Saneamento da Ría " que non teñen nada que ver coa conferencia de Albert Cuchí.
Aínda que corrixiran e citen que organizou a conferencia están manipulando e deformando a información.
O Blogge do Caselas Party o xestiona Alexander e Chema e seguen facendo manipulación desa información
Parabéns a todos ós que denunciades a manipulación e os rebautizades,FUCO-LALAN, CES-INACIO-FAMILY-PARTY,a comiçao de medio ambente de Caselas é de conha,están a tomarnos a calva, a mama-la!
A.Dobarro
O que non me gusta é meter no mesmo saco a toda a xente, non ten nada que ver a coalición recente destas asociacións coa diversidade real destas, malia que a maioría dos seus membros pechen filas entorno aos seus respectivos colectivos. Era de supoñer, pois soamente escoitan a manipulación e adoctrinaxe dos seus respectivos "líderes".
O malo nunca é de súpeto!!, o mal tamén é culpa d@s que se quedan a mirar e non fan nada para evitalo, persoas submisas e pregadas a estes "líderes". Persoas que aínda sendo testemuñas de como se desenvolveron algúns acontecementos preferiron navegar entre dúas augas para acadar unha posición. Isto vai para algún representante do PSOE e Espazo Eco-Socialista.
Saúde
Toda a razón,Susete, teñen nomes e apelidos , os sabemos todos,mais algunha que non ten afiliación suposta e está a que cae, co conto da diáspora,xa nos coñecemos, mais E.U.ten moita responsabilidade ,cunhadísima coa ces-inacio-family-party-fuco-lalan-caselas-party,filtrando informaçao,e o coordinator deixando facer, non sabemos cás prebendas que llo permiten.
Un militante do PCG-EU.
No día de hoxe, a pesar de que outros membros de Artabrá 21 solicitaron que se corrixa a información, o CES Party, nomeadamente Inacio Martínez Orero, se nega a modificala e segue a facer victimismo de que está acosado e perseguido
Verténse eiquí acusacións de cárcere, maila son todas certas.
A COOP ARMERIA-iste elemento é o seu secretario-A NOVA, E.U.,CIGA. sabedes ó que tendes?
O QUE AVISA NON É TRAIDOR.
E seguen os ces-party facendo boicot a plataforma en defensa da sanidade publica de ferrolterra, lamendo o cu da ciga e do bng,con loas a membroas de fuco-party que puxeron a feder fai nada,atopando amigos....HIPOCRITAS.
Afiliado da CIGA.
tan amarrar as liberaçoes dos seus, as vivendas sociais dos seus,os postos politicos dos seus,os futuros negocios tendicolas-horticolas dos seus,as multiples baixas medicas dos seus,TUTO POLA FAMIGLIA.
OUTRA AFILIADA DA CIGA FAI 20 ANOS, E NUNCA LIBERADA.
Parece que ao CES Party, xa se lle reviran ata na Revolta de Trasancos. Na última xuntanza xa lle puxeron as cousas claras a Inacio, que como sempre acudiú ao victimismo para defender o seu comportamento INDEFENDIBLE
Todos estes e outros mais,seudoartistas e demais agregados, teñen que desaparecer do noso imaxinario colectivo.Asim faremos unha boa limpeza do que nos está empobrecendo.AGE,TOMADE BOA NOTA!
*Aclaratorio:
Pídenme que facilite o nome do representante de Espazo Eco-Socialista que nomeo, refirome a Sra Lucía, que foi testigo mudo, e co-participe do acontecido.
Nom te molestes Susete70,cadaquen sabe o que está a façer e todos os implicados, dun o doutro xeito, coñecen moi ben o que están a facer o resto,Non é un trabalinguas.Chamase Omertá.Con estes seudo-líderes Age non ten nada que facer.Mágoa!
Simpatizante de Anova.
A Ces-Inacio-Party e os Fuco-socialistos-Party son os masimos responsabeis do desleixo cara as forzas sindicais e politicas de Ferrol Terra,ainda que agora partillem faixas e actos.E tudo para conquerir postos de saida nas listas municipais no PSdGA,AGE(E.U.,ANOVA,ESPAZO..)agás non lle farian ascos o BNG.O central da ultima faixa, Lalan, pasou por todos eles.Alguns "dirixentes" destas forzas lles están axudando a espallar toxicidade.¿Non vós lembrades dos seus ataques cainitas contra os partidos e sindicatos nós que militan e queren destruir? Ainda resta-nos o BNG,ANOVA E A CIGA que asemella que son os unicos sen medo e son quen de parar a estes mercenarios.
Militantes do PCG,ANOVA E BNG.
Publicar un comentario