Cabazas, fachos e velas para recrear a noite de defuntos, onde o morto é o Naval, tamén escribiuse con velas acendidas o lema "DIQUE SI", unha das principais demandas para os estaleiros.
Antón Cortizas, foi o encargado de dar lectura ao manifesto de indignación, e María Manuela, Manolo Bacalhau, e Xurxo Varela, foron os encargados da parte musical.
Como era de prever, o alcalde da cidade e o seu séquito de mamporreiros non fixeron acto de presenza, e máis valeulles, pois o P€P€ está no punto de mira de toda a cidadanía de Ferrolterra.
Os berros máis coreados foron:
Non pode ser.. non pode ser.. obreiros na cadea e corruptos no poder!
Onde están, que non se ven, as promesas do P€P€?
Se isto non se amaña.. cana cana cana!
Se isto non se arregla.. leña leña leña!
A próxima visita será con dinamita!
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
3 comentarios:
FERROL MORRE E O ALCALDE DEDICASE A MANDAR CARTAS A OS CIUDADANS PRA QUE SAIRAMOS A RUA.ONDE SE ESCONDEU?ISTO E A SUA CULPA O DOMINGO TODO FERROL
O domingo o Partido Podre e os seus alcaldes e concelleiros van participar na Manifestación
O problema da Esquerda en Ferrolterra non é o PP.,é a nosa división e os mercenari@s de patria libre,que véndense o mellor postor,coma os Ces-Party e os Fuco-socialistos, estos son o noso cancro.
Publicar un comentario