28 nov 2013

Vergonzosa posta en escena do P€P€

Os alcaldes do P€P€ da bisbarra de Ferrolterra, partiron hoxe cara a Madrid para realizar unha protesta ante a sede da Sepi. Non cabe dúbida de que é un intento (inxenuo) de lavarse a cara ante a cidadanía, saben que en breve será a estocada definitiva aos estaleiros, e queren dispoñer dunha "coartada" que os salve nos próximos comicios locais. Toda a cidadanía sabe que nunca participaron en ningunha manifestación convocada polos traballadores/as do naval, nin se revelaron contra o desgoberno autonómico nin estatal, pero hoxe tocaba facerse unha foto, cando onte mesmo sabotearon a concentración do naval en Compostela, convocando un pleno extraordinario para evitar cos partidos da oposición poidesen ter asistido .

A participación ao chamamento peperiano non puido ser peor, era maior despregamento policial e de manifestantes que o de peperos. Da parada de autobuses de correos partiron dous autobuses cun ocupante por cada dous prazas, e un terceiro con tan só tres ocupantes. E iso que se levaron ao alcalde Cabezón de Neda, e a Germán Castrillón, alcalde de Cabanas que usa ilegalmente as beirarrúas diante do seu concesionario de coches.

Mellor tería sido que destinasen o diñeiro malgastado hoxe nun donativo á cociña económica, ou a calquera outra asociación das moitas que están a parchear a grave situación de familias.



.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non terían que estar Astano e Bazán en pleno despedindo os autobuses do Partido Podre?.
O domingo cando Rey Varela acuda a manifestación que vai pasar?