6 dic 2013

Os Habitantes da Terra Media II

Onte quedei atónito ao ler este artigo no Diario de Ferrol, no que faise unha crítica os sindicatos. A persoa que asina o mesmo pertence a unha asociación "cultural" moi coñecida, pero vinda a menos, dende a mesma levase tempo intentando escribir a "Folla de Ruta" a seguir por parte dos sindicatos e partidos de esquerda, sen obter froitos, pois todos son coñecedores das súas dúas cabezas pensantes, e principais adoctrinadores desta asociación, ambos ex-afiliados ao PSOE.


Estas son algunhas das afirmacións e interrogantes vertidos nese artigo (traducidas do castelán): 


"As manifestacións estanse a converter en meros paseos e o encerro no Concello está sendo descafeinado" 

"A sensación de derrota estana a vender moi ben" 

"Creo seriamente que esta loita xa a deron por perdida" 

Acaso non lles están a chegar ideas, propostas de determinados colectivos? 

Estanse a ter en conta? 

Estanse a deixar axudar? Eu creo que non. 

En vista destas declaracións, e para entendelas, cumpre contar o seguinte:

Hai uns meses convocaban concentracións de pre-xubilados do naval, alegando que estes estaban deixados da man dos sindicatos, pero ao mesmo tempo, estaban a realizar un "traballo de cloacas" que consistía en   reunións con traballadores en activo, para segundo eles espertar os sindicatos. Nesas reunións elaborouse un borrador, que logo de ser aprobado polos alí reunidos debaterían como difundilo, ben por un escrito aos medios, facéndoo chegar aos sindicatos, ou mesmo repartilo en panfletos.

Por que agora cos sindicatos veñen realizando conxuntamente as mobilizacións, os "columnistas" desta asociación dedícanse a criticar na prensa???......
A resposta a isto pode ser que están invitando ós partidos de esquerda a unha reunión, o obxectivo desta é poñer en marcha unha especie de "Plataforma conxunta".

Con que finalidade?.... 
Sinxelo, darlles a "Folla de Ruta" previamente establecida, colgarse como sempre as medallas, e erixirse como os artífices da loita social de Ferrol. Todo polo EGO destas dúas persoas.

Adiantolles un estrepitoso fracaso, porque ninguén os pode nin "ulir".

Por que esta asociación, si tan descontenta está, non solicita unha reunión cos sindicatos por medio da Alianza Social, á cal está adscrita? 


Falan de unidade pero:

Lembrar co pasado venres, 29 de novembro, a cidadanía botabase á rúa para "escribir co lume das velas" dignidade para Ferrol, ese mesmo día esta asociación facía unha contra-programación, proxectando o documental de Man, no Ateneo Ferrolán. Tamén ese mesmo día, e previa a esa participación cidadá na rúa, máis de trinta colectivos participaron na presentación do Filme "Carga de Dignidade", na Galería Sargadelos, e esta asociación "participaba" neste, malia iso preferiron seguir adiante coa contra-programación e non asistir ao mesmo.

Despois de ler o que acabo de escribir botaranse as mans á cabeza, preguntaranse quen é a persoa que me filtra tanta información, ou mesmo como xa fixeron anteriormente, dedicaranme reunións monotemáticas para insultarme.


Tal como prometinlles a moit@s dos que foron testigos mudos e cobardes destes insultos, tocaríame a min falar, e igual que fágoo aquí fareino na jeta dos que gratuitamente o fixeron conmigo polas costas. 

Que non colla de sorpresa a ninguén que denuncie isto, pois é a forma de actuar que teñen con tod@s vós.



 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 comentarios:

Susete70 dijo...

Artigo de Manolo Pazo no xornal o Diario de Ferrol
http://www.diariodeferrol.com/opinion/xose-manuel-pazo/poderiamos-falar/20131210014706067880.html

De onde estaba cada quen hai trinta anos... Do que se asinou e quen o asinou... Da responsabilidade dos que ignoraron as voces proletarias do “pan para hoxe e fame para mañá.Poderíamos…
No entanto, deberíamos falar de que a expresión unitaria do movemento sindical supón un feito cualitativo decisivo na asunción por todos os sectores sociais da defensa do naval e que, como consecuencia, obrigou ao PP de Ferrol a dar un paso “ao frente”. Deberíamos falar de se oscargos públicos “rebeldes” do PP foron quen de modificar as decisións políticas que nos sitúan no abismo. E, xa que logo, de se confirmar o desinterese do goberno central, acompañar coa súa demisión as mobilizacións na procura de “solucións” (agás que queiran estragar a credibilidade da súa “rebelión” e compromiso con Ferrol). Deberíamos falar das propostas para hoxe e para mañá. E Mañente amenceu xeado. Os charráns pairan pola Arnela.

Susete70 dijo...

Por que non rebates o que di sin entrar a cuestionar quen o escribe?

Sempre temos que por a puntilla uns a outr@s?

Eña... que estamos en Nadal, deixame a min ser o pirómano :)

Saúde

Susete70 dijo...

En vista de que a Sra "Cacatúa", e os escudeiros desta asociación xa voltan a insultar... vai unha mensaxe para a autora deste artigo:

María, non é nada persoal contigo, simplemente que esa visión "persoal" que tes basease no discurso de adoutrinamento desas dúas persoas, e penso que vales máis sendo ti mesma, sin servilismos.

Quérote recordar que algunhas das miñas diferenzas con esta asociación, (que ben o sabes) foron por denunciar no meu blogue persoal o que me daba a gana, (tema AV de Ferrol Vello, AV de Caranza, 15 M) e moit@s de vós intentastes coartar a miña liberdade de expresión.

Recordo ben as palabras que pronunciaches un día (sen ter idea do que discutíamos) "Suso, non sei o que escribiches, pero vin algunha cousa da que escribes no teu blogue e ui ui ui....)

Vexo que co tempo esa asociación mellorou, agora permítenvos expresarvos, e mesmo tirar contra os sindicatos, son tan permisivos que ademais recollen as túas afirmacións e interrogantes "persoais" na súa páxina web.

Será porque o escribes ti coas palabras doutros?

Quen sabe.. de tódolos xeitos, os tempos son chegados, e o seu tempo pasou...........

Un saúdo aos Orcos, Trolls e Cacatúas

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Moi boa a denuncia amigo Susete, ese articulo de M/ Teresa foi previo a este outro de Rafael Pillado,onde fala desa plataforma que dis, é de auténtica coña; "Para asegurar a defensa da comarca, é imprescindible facer converxer a todos os sectores, en unha mobilización potente e sostida, esixindo resposta dos gobernos correspondentes. E iso só é posible coa unidade de todos, porque todos somos afectados, en torno a unha PLATAFORMA UNITARIA, sen exclusións, a nivel comarcal."
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/12/era-visto-por-rafael-pillado-lista.html


Tamén ven hoxe no Diario de Ferrol este outro de José Torregrosa, no que di; "Ha llegado la hora de situarse en vanguardia, LIDERANDO EL PROCESO, a sindicatos y partidos políticos; la participación activa de los movimientos sociales y la ciudadanía; el compromiso de las autoridades competentes con sus representados, todos uniendo esfuerzos y solidaridades en procura de un proyecto alternativo de futuro razonable..."
http://www.diariodeferrol.com/opinion/jose-torregrosa/hora-todos/20131213015739068240.html

Afiliado da CIG

Anónimo dijo...

Fai nada eses que chamas "Habitantes da Terra Media" tiveron unha xuntanza con Alternativa Independiente (agrupación sindical amarela).

Afiliado BNG

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.