5 feb 2014

Cando os únicos que berran en Ferrol son os estómagos!!!

Onte o compañeiro "Xaime", contábame o seu drama familiar, casado, 43 anos de idade, desempregado sen ningún tipo de prestación, e con tres fillos menores. Pero dicíame que onte non era o seu peor día, pois comeran uns espaguetis con bonito, antonte non puideron comer nada.

Cando nos falan da saudable dieta mediterránea, pregúntome, quen pode mercar aceite de oliva, peixe, ou froitas e verduras?

Cantos non poden levar aos seus fillos ao dentista?

Cantas mulleres non poden tinguirse as canas?

A deterioración persoal está á orde do día, e para rematar coa autoestima persoal, os desempregados van coa cabeza baixa sentíndose unha merda.

Cantas voces caladas... canto silencio... cantas neveiras baleiras... canta vergoña............... 

Cata vergoña, cando os únicos que actualmente berran en Ferrol son os estómagos d@s nen@s que non comen.

Como dicía este amigo; " Suso,tiñas que ver os ollos dos meus fillos cando teñen cen gramos de mortadela para merendar".

Xa non podo dar máis de min.......... Sempre defendín a unidade sindical, así como a soberanía dos sindicatos. Defendinos o indicible, e apoieinos máis alá do que moitos se poidan imaxinar, realizando moitas veces un traballo de "subsolo" para evitar agresións contra estes, ataques orquestrados por algúns que se erixen como voceiros de todo.

As forzas sindicais actualmente sofren un letargo de máis dun mes, parece que algúns en vez de café almorzan con bromuro.

Actualmente non se pode centrar a loita en defender os intereses de traballadores en activo, negociar convenios colectivos, ou ben para prestar apoio xurídico aos despedimentos. A loita hai que centrala nos 20.745 desempregados de Ferrolterra, dos cales 17.455 corresponden a Ferrol, que ostenta a taxa de ocupación máis baixa das sete cidades galegas (dez puntos por enriba da media galega).

O máis grave da situación son os datos que non facilita a Consellería de Trabajo, que non di cantos deixaron de recibir prestaciónes.

Cantos fill@s como os "Xaime" pesarán o día de mañá sobre as nosas conciencias???


Espertar compañeir@s!!!!!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A CIG ten un banco de alimentos

Susete70 dijo...

Grazas compañeir@, sei del.

Foi unha boa iniciativa deste sindicato, pero ten algúns flecos. Pois só da cobertura @s afiliad@s con necesidades económicas, e tamén serian beneficiarios aqueles afiliad@s que se deron de baixa por problemas económicos (estes datos son recollidos da información facilitada pola CIG)

Fontes para verificalo:

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/la-cig-impulsa-un-banco-de-alimentos-solidario-para-apoyar-a-sus-afiliados-con-menos-recursos/20130311222647036795.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/03/11/cig-crea-banco-alimentos-afiliados/00031363002516805438659.htm?idioma=galego


Neste caso que comentei, xa acadei axuda para eles, pero é unha "anécdota"... O que quero é reclamar por parte das forzas sindicais espíritu de loita, e que se retomen as mobilizacións, non só dirixidas ó naval, se non a tódol@s desempregad@s.


Saúde


Anónimo dijo...

Suso non hai nada que facer os sindicatos e a esquerda de Ferrol está entregada e derrotada.

Anónimo dijo...

Suso, penso que haberá que facer outro documental : CARGA DE INDIGNIDADE