28 feb. 2014

Os "Habitantes da Terra Media" pénsanse que son "Stop Desafiuzamentos"

Outra vez os "Habitantes da Terra Media" parecen confusos!!

O pasado mércores, día 26 de febreiro, sacaban á luz un comunicado no que dicían que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade.

Quen publica esta MERDA, é a mesma persoa que non publicou que a voceira da "PAH de Ferrolterra", pronunciouse en nome d@s afectad@s, apoiando a "Marcha da Dignidade".


 Imos aclarar algún punto a estes/as ENTERAD@S:

- As PAH son as únicas asociacións lexitimadas para falar por e en nome dos afectad@s.

- "Stop-Desafiuzamentos" son todos aqueles/as que se boten á rúa cando existe un chamamento de emerxencia social para parar un desaloxo.

- Calquera cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a portar unha pancarta que poña "Stop Desafiuzamentos", pois é un berro social.

- Ningún cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a decir que eles son "Stop Desafiuzamentos". (Excepto no caso das plataformas de afectad@s que decidisen usar esta definición).

(Vaía de exemplo o 15 M, este movemento era toda persoa que se botaba á rúa).

Agora vou contar como se empezan a parar os desafiuzamentos en Ferrol.

O primeiro desafiuzamento público que vaise realizar en Ferrol é o de Gabi, membro da acampada 15 M, seus compañeir@s xa tiñan preparada unha resposta para intentar paralizar ese desaloxo. Ao momento de decatarme de isto contactei con Jesús Díaz, e empezamos a telefonar a compañeir@s de distintos partidos, sindicatos, e colectivos. Deste xeito, e por primeira vez en Ferrol actívase "Stop-Desafiuzamentos".

Participando xentes a título persoal, membros do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, FORXA, PSOE, UGT, USTG, UL, e unha morea de asociacións e colectivos, ou calquera cidadán que viñese a parar un desafiuzamento puntualmente. Entón pódese dicir que "Stop-Desafiuzamentos"  era unha resposta social de desobediencia civil .

A partir dese momento, case sempre, as alertas producense do mesmo xeito que no primeiro desafiuzamento, e a resposta é sempre unitaria por parte de tod@s.

ATA QUE....

De tantas loitas en común, e de ver como se perdían dereitos cada día,  despois de celebrarse o Foro Social, traballouse para conformar o "Encontro Social", lugar de encontro e debate, dende o que poder entre tod@s construír alternativas e respostas sociais.

Nun principio empezou todo ben, contando ata coa participación de forzas políticas de esquerda. Fixéronse algunhas cousas, como foi o roupeiro de Caranza, e asembleas, asembleas, asembleas....
Outras cousas xa construídas e en funcionamento, SECUESTRARONSE! coma si estas fosen feitas polo "Encontro Social", tal como foi o blog Axenda Aberta (con máis dun ano en funcionamento), as Hortas Comunitarias de Caranza (propulsadas pola Asemblea de Desempregados da CIG), Alimentos Solidarios, e o que xa era o colmo, secuestrábase un berro social "Stop-Desafiuzamentos". 

(Vou deixar o conto por hoxe ata que volten tocar o carallo)

Quede claro os "Habitantes da Terra Media" si non tedes @s afectad@s con vós, non sodes quen de falar por eles, ni sodes voceiros nin sodes NADA!!!!

Actualmente a PAH de Ferrolterra, é a única lexitimada para falar en nome d@s afectad@s!!

pahferrol@gmail.com

http://plataformadeafectadospolahipoteca.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo Suso, á merda con eles, ata soterralos no mar.


S.R.
Afiliado á CIG

Anónimo dijo...

Están metidos en todo compañeiro, Marcha das Mujeres_Ateneo_Plataforma da Sanidad_Aborto_anova_IU_CIG_Adega_Comité Ciudadano_Tanque de treboadas_Foro social_ igual sorpréndennos e tamén están en Pro-Vida

Carotas dijo...

CÉS-PARTY & FUCO-LALÁN

Anónimo dijo...

Estou de acordo contigo Susete Stop.. somos todos!

Anónimo dijo...

o que pretenden CÉS-PARTY E FUCO-LALAN e ir de concelleir@s o ano que ven.

Anónimo dijo...

Anónimo esquenciches o PPSOE

Anónimo dijo...

Agora o CES-Party tamén anda metido no colectivo Chimarrao e participan en dúas charlas a vindeira semana.

Pena-peniña-pena dijo...

Agora tamén intentan chegar aos comunistas e ácratas, quen o ía dicir despois de ningunealos no Comité de Emerxencia! ____ Aínda van querer volver a gobernar en Ártabria.

XA ABONDA DE CAROTAS dijo...

@s coroneis non teñen quen lles escriba,só algúns bizarr@s de E.U.e a famiglia.De todo-las organizacións que frecuentaron-e foron moitas,unha detrás de outra,intercambiables-saíron a gorrazos:BNG,APU,NóS-UP,EXERCITO GUERRILLEIRO,ENCONTRO IRMANDIÑO,ANOVA,ÁRTABRIA,CCE,ANPG,CIGA,ADEGA....agora postaron submariños na E.U. e na CNT. e xunto c´@s Fuco-Laláns no PSOE,Espazo eco......tenden os seus tentáculos alá onde
o permiten os mediocres.E agás viven diso, das liberacións, das incapacidades temporais,das tendas de troco, das hortas da CIGA,dos traballiños "negros" para FUCO-BUXÁN-moi ben pagados-...E se non gobernan o cotarro, o intentan destruir, asím, sen mais, o meu ou de ninguén..XENTE TÓXICA E DESTRUCTIVA.Unha MAFIA !!!

xa estamos fart@s dijo...

Moi certo,XA ABONDA DE CAROTAS,moitos somos os que aturamos a estes individuos por educación e por non ter conflitos,mais que os ature a sua familia e cas suas consecuencias,xa nos foderon da abondo.Non teñen sitio en ningures!!

Anónimo dijo...

Queren facer ver que organizan eles as MARCHAS DA DIGNIDADE,NOOON, AS ORGANIZAN A PAH DE FERROL TERRA E ESQUERDA UNIDA.

caranza for us dijo...

non me poido resistir, o da colunma caranceira é de botarse a riir e non parar..jajajjajjajja..seran pedantes e anacrónic@s!!!!!!!

fora con eles dijo...

Andan firmando cartas a X.M.BEIRAS PARA DESTRUIR ANOVA, que esperades para botar a estes impresentables?