20 feb 2014

Resumo da Asemblea "MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M"

Pequeno resumo da Asemblea.

Nesta démonos cita unhas 50 persoas de distintos colectivos e ideoloxías, á parte doutras a título persoal.

VIAXE:

O compañeiro Daniel, que participa a título persoal, expuxo a única opción coñecida ata o momento, esta sería partir nun tren dende Coruña, o custo do billete 50 €, co inconveniente de que habería que sumar o desprazamento Ferrol-Coruña-Ferrol, sobre 18 € en caso de facelo en autobús.

Outra das opcións é fretar autobuses dende Ferrol, pero a día de hoxe ninguén realizou esa consulta, (en breve poderemos dar datos a este respecto).

Houbo un par de ideas para intentar sufragar ou rebaixar o custo do desprazamento; 


A primeira delas realizouna Lupe Cés, de A Revolta, dicindo que se podía contactar con xente que estivese concienciada coa Marcha a Madrid, pero que non puidese desprazarse, para que estes "apadriñasen" a viaxe doutra persoa que quere ir.

A segunda faina Daniel, o compañeiro que realizou ao principio da Asemblea a pequena introdución, e expuxo que existe a opción "proposta na rede" de comprar camisetas do evento a 3,50 € para vendelas e acadar financiamento.

Referente a esta opción, propuxen, e "propoño de novo", que calquera colectivo que opte por este método de financiamento, baixese os logos da rede e que encargue as camisetas en imprentas da bisbarra. Sería indecente compralas en Vigo cando temos en Ferrolterra empresas que realizan ese traballo e o están a pasar moi mal.

MANIFESTACIÓNS DOS DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE:


Neste sentido pecháronse algúns puntos:

O primeiro deles, aprobado por unha votación unánime, foi realizar unha pancarta unitaria co lema usado no Manifesto das Marchas.


PAN, TRABALLO E TEITO!!
MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M TOD@S A MADRID!!

O segundo é no referente á publicidade do evento, este correrá a conta de cada colectivo, realizando fotocopias do Cartel. Neste senso, Suso Basterrechea, de EU, ofreceuse a facilitar uns carteis que recibirán en breve.

O terceiro foi sobre a información a repartir, mentres un compañeiro se decantou por dar o Manifesto elaborado a nivel nacional, Lupe Cés propuxo, acertadamente, que se repartise un pequeno panfleto informativo sobre as Marchas, e como apuntarse a elas, xa que o Manifesto xa ía ser lido para tod@s.

Referente o audio, Pablo Portero, de Fuco Buxán, dixo que pono esta Asociación.

**A próxima xuntanza terá lugar o luns, 3 de marzo, ás 18:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño). Acaban de comunicarme que mudouse o lugar e a hora, para o mesmo día, luns 3 de marzo,  pero no Centro Cívico de Caranza, ás 18:00 h 

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

A VER, pero están os Ces-Party e os Fuco-Buxanos nesto?Pois xa está fodido!

Anónimo dijo...

Como era de esperar o CES-Party foi quen dirixiu a Asemblea "Aberta".
Tiña pensado acudir a Madrid, pero con esta xente, nin de coña.

Eu fago outra proposta que os leve o CES-Party na furgoneta

Anónimo dijo...

As organizacións sectáreas nin foron nin serán a vangarda de nada nin naide,só destruen aquelo que non poden manipular.O Ces-Party e os Fucos demostraron na súa traxectoria de moitos anos,levar ó abismo todo o que rozan.

Anónimo dijo...

somos moitos os que non participamos namentras estes dirixan o cotarro,son a CÉLULA-CES-PARTY+4FUCOS,TOTAL= -DE 15...SABERÁN AS FORZAS POLITICAS E SINDICAIS CON QUEN XOGAN A PARTIDA.Non poidemos entender a entrega a estes talibáns que restan apoios.Vós saberedes,ou eles ou o resto de activictas sociais.

Daniel dijo...

En respuesta a tod@s l@s anónim@s:
No voy a defender a nadie, pero no voy a consentir que se diga, anónimamente además, que la asamblea y todo el movimiento en torno a Las Marchas de la Dignidad están manipuladas o entregadas.
La asamblea intenté dirigirla yo, Daniel Melcón, miembro de A Revolta (me gustaría saber quiénes sois, "anónimos").Dicha tarea, como dije en la asamblea, se me hacía un poco grande, ya que no estoy habituado a participar tan activamente en los movimientos sociales, intentando en todo momento hacerlo de la manera más honesta.En nigún momento me presenté como miembro de A Revolta, ni estaba allí representándola. Ninguna de las personas allí presentes intentó manipular nada, y mucho menos mi persona y la manera de llevar los temas tratados. Lo que dije en la asamblea lo dije a título personal: no soy títere de nadie. En este movimiento puede participar cualquier persona o colectivo que esté de acuerdo con lo expresado en el manifiesto y que venga con al ánimo de construir y aportar. Como dije en la asamblea, tod@s a sumar que el enemigo es común. No se trata de tu conmigo o yo contigo: se trata de TOD@S JUNT@S, con nuestras diferencias, si, pero siempre buscando el consenso. Las propuestas se hacen en la asamblea, como hace todo mundo y si alguien no quiere participar porque no le gustan algunas de las personas o colectivos que participan en este movimiento, me parece legítimo. Sólo le pido que respete al movimiento y a las personas en el participantes. Si tiene algo en contra de alguien que lo resuelva con el, no contaminando y metiendo a todo el mundo en el mismo "saco" por participar con sus "enemigos".
Espero veros a todos en la próxima asamblea de Marchas da Dignidade Ferrolterra. Un saludo.

Susete70 dijo...

Daniel, tes que desculpar que cando fixen o resumo da asemblea non recordaba o teu nome, efectivamente non dixeches que foses en representación de ninguén, malia dicir que participabas nunha asociación, púxeno a xeito de referente, espero que isto sexa motivo de molestia, pois a falta de nome só tratei de orientar..

Coincido en que os anónimos debían poñer nome ou ben achegarse e expresalo en asemblea. Sei que este clima de crispación por parte de moit@s compañeir@s ven de moitas outras cousas, e non deberan mesturarse, pero cada un/ha ten súa forma de ser e expresalo.

Para min, que tamén vou a título persoal, trátase dunha asemblea para concretar unha viaxe e unha columna de Ferrol conxunta, nada máis, e é o que quero transmitir.

Saúde

Susete70 dijo...

(Daniel, xa mudei o de que participas a título persoal)

Daniel dijo...

Está bien así. Esta asamblea será lo que los que participamos en ella queramos que sea, lo que queramos tod@s. Pero sobre todo , y esto es muy personal, espero sea muy participativa. Que venga gente que nunca vemos en estos foros y que además se exprese y participe; que la gente que sólo comenta en el bar, por poner un ejemplo, participe. Un saludo.

Anónimo dijo...

E de agradecer o interese de Daniel pero, sigo pensando que o movemento está manipulado e controlado polo CES-Party o que fai que eu non vaia participar nin, moito menos, colaborar