19 mar. 2014

Desaparecerá a Asociación Veciñal de Esteiro despois de 35 anos?

Esta é a parte do comunicado recibido da AA.VV de Esteiro

O vindeiro xoves día 20 de Marzo se celebran as asembleas ordiarias e extaordinaria da AV de Esteiro.

Na asemblea Extraordinaria, como único punto, se elixirá unha nova Xunta Directiva.

O prazo de presentación de candidaturas ou de candidatos/as remataou hoxe día 18 de Marzo, sen que se presentase candidatura nin candidatos ningúns.

A totalidade da actual Xunta Directiva: NON SE PRESENTA Á REELECCIÓN.

No caso de que non houbese ningún candidato, se procederá a elixir una XUNTA XESTORA que, no prazo de dous meses, convocará unha NOVA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, e no caso de non haber candidatos. NOMEARÁ UNHA COMISIÓN LIQUIDADORA da Asociación Veciñal de Esteiro para proceder á súa DISOLUCIÓN.

Tal e como están as cousas e debido á falla de interese, parece que o destino definitivo é a desaparición da AV de Esteiro en poucos meses.

Pola miña banda teño que engadir; que moit@s @s compañeir@s 
fumos testigos da campaña de mentiras e insultos contra Miguel, Pte saínte. Os culpables disto foron coma sempre os "Habitantes da Terra Media"

En breve sacarei á luz outra denuncia contra eles de algo MOI GRAVE, que descubrirá aínda máis a esta tropa "Altermundo". De nada vailles servir as súas impugnacións e intentos de ningunear en Anova, nin as reunións co FPG, nin os seus toques de porta e chicos de ollo continuos a outros colectivos.

Máis quixeran eles... que tod@s volvésemos con zocas ao campo, e mentras nós sementamos patacas para eles, estes poden encherse ben os bandullos a conta do noso traballo. 

Seguirán polos séculos dos séculos ocupados en buscarse un acomodo político?

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

5 comentarios:

elena casal mera dijo...

A actual directiva da A.VV. de ESTEIRO non se presenta a reelección...
Os mellores cidadáns, os mais responsables, libres e preparados, os que xorden da alma da sociedade para propiciar confianza e felicidade na súa comunidade, son seres moi molestos para o político profesional.
Os aparatos políticos privatizaron á democracia para substituir ao cidadán responsable por cómplices manipulables. Só promoven aos expertos en destruír valores e envilecer a vida diaria, aos profesionais incapaces de liderar as comunidades, aos que antepoñen os seus intereses, e os do partido, aos do cidadán. Están a destruír a capacidade da democracia para construír e só impulsan o conflito, a corrupción e a desconfianza.
Os mellores cidadáns, tiñan as de perder e non puideron resistir o asalto xeral dos políticos profesionais aos instrumentos de participación social dos cidadáns. A manipulación, o silencio cómplice e a loita polo poder, non deixan espazo ao servizo responsable á comunidade.
Grazas a toda a directiva, polo voso inestimable traballo, en especial, ao meu amigo Miguel, loitador, coherente e honesto ata as ultimas consecuencias. Foi un prazer traballar xunto a ti na plataforma en defensa da sanidade pública, na plataforma contra o malgasto e outras loitas... Deixarán a terra orfa e queimada, mas neses espazos de abandono, é onde os cidadáns mais libres e fortes costuman a rexurdir.
Foto: A actual directiva da A.VV. de ESTEIRO non se presenta a reelección...

O estamos a denunciar!Eu tamén fun testiga das malidicencias contra o Pte sainte, o noso camarada Miguel,por parte dos Habitantes da terra media-léase os buxainos, os party -columna -caranceiros e algúns achegados do tormentoso tanque.....Vai ser ke non,amiguitos.....

Anónimo dijo...

Que lles dean polo saco

Anónimo dijo...

Xa se descobren eles mesmos, mas e bom desenterrar o mortos que deixaron nas cunetas.

Anónimo dijo...

Por fin desaparece o CAPO de Esteiro