20 mar. 2014

O VOCEIRO da "Terra Media".

O pasado martes, día 18 de marzo,  en Compostela, facíase a entrega no Parlamento Galego, das firmas para a ILP promulgada polas PAHs estatais, entre ela a PAH de Ferrol. 

O acto consistiu nunha concentración diante do Parlamento, e vari@s compañeir@s das PAHs, PROMOTORES dá ILP entrarían a rexistrala. Pero unha persoa malintencionada, ávida de protagonismo e ansiosa de falar os micrófonos, "cóase" no lugar e asina en vez da PAH. Este "Sr. voceiro" non é outro que Inácio M. O.

@s tres compañeir@s que ían en representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrolterra sentíronse ningunead@s, e humillad@s. 
Como dicíame unha compañeira; 
"Non imos consentir "que se secuestren o noso traballo e identidade"

Lembremos que a Asociación PAH Ferrolterra, aglutina o 100% d@s afectad@s, dá cobertura legal e gratuíta ao 100% d@s afectad@s, e que xestiona "Alimentos Solidarios Ferrolterra" (Dando alimentos e roupa a familias moi necesitadas) 



Os intereses que teñen os "Habitantes da Terra Media", é o de secuestrar as loitas sociais de Ferrol, con varias finalidades;

- Erixirse como voceiros de afectados, tutelando, dirixindo, adoutrinando, e decidindo todo por eles.

- Saír na fotografía para saciar os egos persoais, aspiracións políticas, e adquirir notoriedade como asociacións.

- Réditos políticos, e facer trepar os seús achegados. A "porta de entrada" son os partidos de esquerda, en vista de cos sindicatos fai tempo que decataronse da súa catadura moral. 


Do "Sr. Voceiro":

Baixo ese "perfil" de asembleario, e ese discurso Altermundo, non hai outra finalidade máis que a política, veuse nas súas continuas rabechas, e impugnacións, a última delas foi a unha decisión da Coordenadora Nacional de Anova. É o que busca, posicionarse xunto cos seus en Anova. 

Como vulnerou un acordo asembleario no escrito realizado por esta persoa, baixo o pseudónimo de "Xan do Couto", publicado na a revista que vende Fuco Buxán, "Razón Socialista". 

Nesa mesma denuncia, contei a manipulación feita por este Sr. no desafiuzamento en Cabanas

Como este mesmo "Sr." manipulou a información referida ao -Ciclo de Conferencias; "Ferrol Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", organizado pola Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol, Roi Xordo, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.



En vista de que seguía facendo comunicados públicos en nome de "Stop Desafiuzamentos Ferrolterra" publiquei isto:

As PAH son as únicas asociacións lexitimadas para falar por e en nome dos afectad@s.


"Stop-Desafiuzamentos" son todos aqueles/as que se boten á rúa cando existe un chamamento de emerxencia social para parar un desaloxo.

Calquera cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a portar unha pancarta que poña "Stop Desafiuzamentos", pois é un berro social.

Ningún cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a decir que eles son "Stop Desafiuzamentos". (Excepto no caso das plataformas de afectad@s que decidisen usar esta definición).


Conformación do "DESencontro Social":

O primeiro desafiuzamento público que vaise realizar en Ferrol é o de Gabi, membro da acampada 15 M, seus compañeir@s xa tiñan preparada unha resposta para intentar paralizar ese desaloxo. Ao momento de decatarme de isto contactei con Jesús Díaz, e empezamos a telefonar a compañeir@s de distintos partidos, sindicatos, e colectivos. Deste xeito, e por primeira vez en Ferrol actívase "Stop-Desafiuzamentos". Participando xentes a título persoal, membros do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, FORXA, PSOE, UGT, USTG, UL, e unha morea de asociacións e colectivos, ou calquera cidadán que viñese a parar un desafiuzamento puntualmente. 

Entón pódese dicir que "Stop-Desafiuzamentos" era unha resposta social de desobediencia civil .

A partir dese momento, case sempre, as alertas producense do mesmo xeito que no primeiro desafiuzamento, e a resposta é sempre unitaria por parte de tod@s. 

ATA QUE.... De tantas loitas en común, e de ver como se perdían dereitos cada día, despois de celebrarse o Foro Social, traballouse para conformar o "Encontro Social", lugar de encontro e debate, dende o que poder entre tod@s construír alternativas e respostas sociais. 

Nun principio empezou todo ben, contando ata coa participación de forzas políticas de esquerda. Fixéronse algunhas cousas, como foi o roupeiro de Caranza, e asembleas, asembleas, asembleas.... Outras cousas xa construídas e en funcionamento, SECUESTRARONSE! coma si estas fosen feitas polo "Encontro Social", tal como foi o blog Axenda Aberta (con máis dun ano en funcionamento), as Hortas Comunitarias de Caranza (propulsadas pola Asemblea de Desempregados da CIG), Alimentos Solidarios, e o que xa era o colmo, secuestrábase un berro social "Stop-Desafiuzamentos". 

A partir daquel intre, e unha vez conformado o "DESencontro Social", eríxense como voceiros de "Stop Desafiuzamentos", deste xeito é como tutelan este "movemento de indignación e acción cidadán". Todo isto sen estar conformados como asociación de afectad@s.

E ahí tedes o DESencontro Social - Rede de Apoio Mutuo - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna.


A Terra Media:
Conformábana dúas tribos, a dos "Orcos" e a dos "Trollos", malia convivir en paz entre elas, ambas as dúas eran moi mal avidas. Cada tribo constaba de dous líderes, que eran protexidos fielmente polos seus "Escudeiros"... Hai dous anos, decidían enterrar o machado de guerra e poñer fin a tantos anos de repudio común... Todo discorría en paz... E chegaron as neves, os plátanos, alimento principal da súa dieta, desapareceron, non quedaba outra que aliarse e comezar  xuntos a recolleitar froitos.... Sobreviviron ese inverno, e vendo que íalles ben, decidiron mestizarse, así naceron os "Picaflores", estes eran usados polos líderes para asistir a todas as reunións e eventos organizados polos habitantes do "Bosque Frondoso"...

Continuará.........

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Sabe-se, diz-se, que a prisão de MO, há 23 anos, precipitou o fim do EGPGC. Velho impostor.

Anónimo dijo...

Esta persoa a cada pouco esta rebaixado, largas baixas médicas, o que lle permite estar en tódalas asembleas, reunións, concentracións, etc.
Como case sempre está rebaixado.

Susete Ferrol dijo...

Bo día. En nome do Comité da PAH de Ferrol e como voceiras autorizadas da Plataforma queremos dirixirnos a vós para aclarar os posibles malentendidos derivados dun feito que, para nós, é lamentable afecta á nosa imaxe pública e que, entendemos, require do voso coñecemento. Antes de proceder a explicalo queremos darvos as grazas polo seguimento informativo que fixestes da entrega no Parlamento de Galicia da nosa (das PAHs) iniciativa lexislativa popular o pasado martes 18. Dicir que o que a continuación relatamos non afecta en absoluto á consideración que nos merece o voso traballo, profesional e humanamente comprometido coa verdade e coa nosa problemática.
Non obstante cremos que debemos puntualizar o seguinte: no video emitido como reportaxe gráfico que acompaña á nova da presentación da ILP aparece como creditos de presentación o nome de Inacio Martínez Orero como voceiro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrolterra facendo esta persoa declaracións que dan lugar a pensar que é ,efectivamente, o portavoz da nosa PAH o que non é certo. Inacio Martinez Orero é, en todo caso, representante da denominada Rede de Apoio Mutuo que é unha asociación xurdida no momento da constitución do movemento Stop desaufiuzamentos Ferrolterra.

En todo caso non é portavoz da PAH nin mantén ningunha relación coa PAH de Ferrolterra e ,o que que é máis importante, a PAH de Ferrolterra non quere , en ningún caso, non xa que actúe no seu nome senón que se produza a máis mínima confusión ao respecto.

Reiteramos novamente a nosa máis sincera felicitación polo voso traballo e sensibilidade cara nós e agardamos que se solucionen frutiferamente para o futuro os posibles malentendidos.

Grazas e un saúdo fraternal

Indignado dijo...

Ollade

[Celso Posada e Inácio Martínez foron os dous compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que asinaron como promotores da ILP-Galega]

O Celsiño dirixiuse hoxe a varios políticos, preguntándolles se se sentían molestos. Porque segundo el hai dúas "plataformas", a PAH e a de Ada Colau. Por iso milita no SOE e sirve a Fuco-Lalán, collen os máis listos.

Os políticos preguntados coincidiron no mesmo, si existe unha plataforma de todos os afectados vós non sodes voceiros nin pintades nada

http://artabra21.blogspot.com.es/2014/03/a-ilp-contra-os-desafiuzamentos-chega.html

Can de Palleiro dijo...

O bispo sempre está en posesión da verdade absoluta. Se non pensas como el ou usas a palabra incorrecta ou a cor desaxeitada, significa que es un esbirro do neoliberalismo, un fascista, un parvo, un machista capitalista ou todo xunto, aínda que sexas un anaco de pan que non chega a fin de mes. Espazo que toca, espazo que queda secuestrado polo que, el e mais a nai superiora, dispoñen como politicamento correcto.
A secta non quere que a xente pense diferente e se lle saia do curral, lévanno todo ao seu terreo a base de demagoxia, necesitan apropiarse de todo e homoxenizalo, aprópianse da razón absoluta e se non estas de acordo con ela: ou baixas as orellas ou vaste pitando. Non poden aguantar que unha visión diferente e con posibilidades se destaque. A súa estratégia é intolerante e moi dura, teñen moitos anos de experiencia e usan moi ben a vara sen que se vexa. Para quen teña a mínima ousadía de avanzar sen o seu contról e desmarcarse, o fín xustifica os seus medios, eso sí, so o bispo está preparado para utilizar algunha acción imperfecta e despois xustificala.

"Secta é un grupo ou movemento, que exhibe unha devoción excesiva a unha persoa, idea ou cousa e que emprega técnicas antiéticas de manipulación para persuadir e controlar (aos seus adeptos); deseñadas para lograr as metas do líder do grupo; traendo como consecuencias actuais ou posibles, o dano aos seus membros, aos familiares deles ou á sociedade en xeral. [...] Dado que a capacidade para explotar outros seres humanos é universal, calquera grupo pode chegar a converterse nunha seita. Non obstante, a maioría das organizacións institucionalizadas e socialmente aceptadas, teñen mecanismos de autorregulación que restrinxen o desenvolvemento de grupúsculos sectarios."

Michael Langone, 1988

Hala! a seguir con los paseos y los discursos dijo...

Es su estilo. He visto a muchas compañeras y compañeros valiosos, que han llegado al hartazgo y la depresión, tras ser engañados por estafadores sociales y oportunistas como este, (siempre con la ayuda de la anoréxica cúpula del "partido" y demás figurantes sociales). Es muy duro ver como te sabotean, roban y, desgraciadamente, echan a perder tantos esfuerzos, traicionando la confianza de tanta gente, para vendernos como un producto político. Nunca mas.

A quen confiades os vosos cartos? dijo...

Este tipo e os que lle rodean, os de Fuco Buxán sobre todo, teñen organizado actos de vampirismo político a centos. Da vergoña o desprezo que senten pola xente a que utilizan e simulan axudar para dar publicidade a súa loita caritativa, nun noxento exercicio de carroñerismo político. Ao final sempre deixan todo peor, como a ducia de persoas desafiuzadas pola negociación de "Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo" en troques de sacar as súas casas para a súa xente ou como exixiron explicacións e unha cínica neutralidade política cando as rapazas do Banco de Alimentos forón a recoller alimentos de primeira necesidade para os desafiuzados a sede dun partido político, actuaron ao marxe da rede e contra o seu interese político e sen eles como centro, e por iso as machucaron, mentres nin Fuco Buxán nin a Revolta levaron nada do que prometeron. Gostan de publicitarse xunto á angustia e a desesperación doutros e montar saraos publicitarios de todo tipo, gostan de utilizarnos a todos, sonche butres que nútrense dos nosos cadáveres e das cotas que lles confiamos nos moitos comités e emerxencias que gostan de manter e que acaban enchendo os seus bolsos en forma de dietas de viaxe e representación.

Anónimo dijo...

Estou alucinando co que estou lendo, e dou credibilidad o que falades.

Militei moitos anos con eles e agora é cando vexo que teñen obxetivos.

Nunca máis!


Un ex-compañeiro de CC.OO.

Anónimo dijo...

Agora o máis importante para os fucos é enfrontarse aos comités de Navantia, que xa teñen denunciado o tema, polo cartucho de nadal.
Calquera cousa lles serve para denigrar aos sindicatos.

A Comparsa! dijo...

Ata o parlamento galego chegou a charanga de A Revolta da man da Sestayo jejejejeje....
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/04/16/pp-psoe-enfrentan-parlamento-mercado-caranza/0003_201404F16C6991.htm
Tellado contraatacó y criticó que los socialistas no se hayan reunido con la asociación de vecinos, sino «coa comparsa do barrio [en alusión a la asociación A Revolta]