1 may 2014

Resumo do 1º de Maio en Ferrol

Dúas manifestacións case parellas pero cada unha polo seu lado, a da CIG reuniu sobre 3.000 manifestantes, e a convocada por CC.OO, UGT, e USTG pouco máis de 3.000. Agora tócalle aos sindicatos realizar unha valoración destas, ao meu modo de ver a da CIG estivo algo máis animada que en anos anteriores, e a dos outros tres sindicatos, sentíndoo moito, foi un auténtico fracaso.

Á conclusión da manifestación de CC.OO, UGT, e USTG, dous
membros da a.C Fuco Buxán, megáfono en man, Rafael Pillado Lista, e Manuel A. Rodríguez Carballeira (Lalán), dirixíronse aos asistentes anunciando que ían protagonizar unha protesta cidadá, que ía consistir en rodear o Concello portando velas, e que esta se mantería durante todo o día.

Este acto anuncieino como unha convocatoria das "Marchas pola Dignidade", pero tal como me confirmaron hoxe varios compañeiros que participan nestas, PARA NADA ten que ver coas "Marchas".




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 comentarios:

las alhacenas del sol dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
las alhacenas del sol dijo...

(comentario corregido)

diversidade, tozudez e cansancio. TODO O RITUAL DE

PROCESIONS POR DENTRTO E POR FORA ESTA

ESGOTADO.

HAI UN BERRO ESIXINDO O CAMBIO E ESE MISMO

BERRO TEN QUE SER O CAMBIO QUE SE ESIXE

Anónimo dijo...

Na da CIG habería 1.500 persoas e na de CCOO,UGT e USTG outras tantas.
3.000 persoas en total