22 jul 2014

Faleceu Vicky, compañeira e activista social

Onte foi enterrada a compañeira Vicky, a maioría da xente non se decatará de quen é esta persoa á que fago referencia, e iso é debido a que esta rapaza era unha desas persoas que non están na loita social nin por ego nin por quitar rédito diso. 

Participou activamente na directiva da A. Arco da Vella, da cal dimitiu por discrepancias na política levada a cabo por esta asociación. Malia estas discrepancias, díxolles na cara todo o que tiñalles que dicir, e seguiu o seu camiño e activismo social de forma máis "silenciada", acollendo, curando, e alimentando a "peludos" (así adoitaba chamar aos cans) abandonados, buscandolles un fogar e acubillo, e difundindo nas redes sociais noticias e denuncias baixo esta temática.

Vicky sufría unha grave caída do seu cabalo o pasado venres, acostumaba a levar posto sempre un casco, pero xusto ese día non o puxo, ante a gravidade que revestía un golpe recibido na cabeza, foi trasladada á residencia de A Coruña, onde desgraciadamente a nosa compañeira falecería.

O meu máis sentido pésame ao seu marido, á súa filla, familia, e amig@s.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 comentarios:

sapoconcho galego dijo...

Quanta dor e quanta injustiza. Os mangantes vivindo coma deuses e as boas gentes morrendo cada dia. Coido que nâo a cheguei a conhezer máis que circunstancialmente, pero respecto co que ti falas de-la chega-me pra que me doa coma se queimara. Sic Tibi Terra Levis.

canariodopenedo dijo...

O meu pésame pa familia
DEP