25 jul 2014

O luns, día 28 de xullo, ás 20:00 h. "Concentración contra o xenocidio de Israel en Palestina!!"

O luns, día 28 de xullo, ás 20:00 h. na Praza de Armas de Ferrol, "Concentración contra o xenocidio de Israel en Palestina!!"

Invitamos a participar a toda a cidadanía, partidos, sindicatos, asociacións, e colectivos, a este chamamento realizado en réxime de autoconvocatoria.

O estado de Israel acaba de declarar ao Parlamento de Galicia como "inimigo" por esixir respecto aos dereitos humanos dos palestinos. 

O embaixador de Israel en España, Alon Bar, a través dunha carta dirixida á presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, entende que "con esta esixencia o Parlamento de Galicia únese aos peores e máis extremistas inimigos de Israel". 

Alcemos a voz en contra do holocausto ao que está sendo sometido o pobo de Palestina por parte do goberno de Israel

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: