28 jul 2014

Un cento por Palestina!!

Premer para ver as fotos
Pouco máis dun centenar de cidadáns se concentraban hoxe na Praza de Armas pedindo o fin de xenocidio de Israel contra o pobo palestino. Esta realizouse en réxime de autoconvocatoria, e baixo o lema "Concentración contra o xenocidio de Israel en Palestina!! " .

A esta asistiron representantes de ANOVA, PCPE, PSOE, EU, CC.OO, CUO, UGT, USTG.E INCOMPRENSIBLEMENTE non apareceu ninguén do BNG, CIG, Espazo Ecosocialista, nin de PODEMOS. Esta crítica fágoa extensible ás "comparsas de Caranza", (esas tres asociacións que apuntanse sempre ás fotos)

Malia o "pobre que poida parecer o acto", este estivo impregnado de carga emocional. Ismail, natural de Gaza, e médico residente en Ferrol, foi o encargado de dar lectura a un pequeno manifesto de denuncia elaborado para a ocasión, (á parte da súa improvisación).


Manifesto lido por Ismail


“Os nosos agradecementos aos representantes políticos, sindicais, asociacións, colectivos, e resto de cidadanía aquí presentes”

Falar de Gaza é falar dunha franxa de terreo de 40 km de longo por 15 km de ancho e de pouco máis de 350 kilometros cadrados de extensión onde viven un 1.7 millóns de palestinos dos que 1.2 millóns foron expulsados das súas terras (o que agora é o sur do estado de Israel). Compre non esquecer que en 1947 cando a resolución 181 da ONU daba saida a partición de Palestina, só o 5.6% das terras eran propiedade da poboación xudea. Hoxe posuen o 80% da superficie total. O resto de Gaza está aillada e bloqueada por terra, mar e aire; carece de armamento pesado, nin aviación, e o seu sistema de comunicación e de enerxía básica está intervido polos sitiadores.

O goberno de Israel asegura que o atacan, e bautizan seus ataques como acción defensiva ao que é o xenocidio dun pobo!! A información do Estado de Israel sobre baixas e danos propios non está nunca contrastada, a excepción de Estados Unidos, ningún Estado membro da ONU pon en dúbida os feitos do xenocidio palestino.

Tanto a Lei internacional coma o acervo universal de Xustiza, sancionan os delitos cometidos polo Estado de Israel contra Palestina: a política de colonización, ocupación de terras e expulsión do pobo orixinario; a tortura diaria e asasinato por resistirse á ocupación; a cadea sen proceso e sen opción de defensa, tanto de adultos como de menores; o roubo, depredación e contaminación de recursos básicos; o aillamento de unidades de poboación; a criminal intervención do dereito de desprazamento dentro do territorio, a construcción dun muro de sitio sobre Palestina, E UN LONGO ETC DE ABUSOS... SON O DÍA A DÍA DESTE POBO ASOBALLADO

Por todo isto; a inxerencia do Estado de Israel sobre Palestina é obxecto de condena en todas as súas manifestación pola Asemblea das Nacións Unidas.

Os galegos e galegas reclamamos que os respònsables deste xenocidio sexan levados ante os tribunais internacionais e xuzgados por elo, que a Unión Europea e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontabeis acordos de Nacions Unidas que, entre outros, implican o abandono dos territorios ocupados polo estado de Israel .

É por todo isto, polo que BERRAMOS!!

NON AO XENOCIDIO CONTRA O POBO PALESTINO!!

NON Á OCUPACION DE PALESTINA!!

PALESTINA VENCERA!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: