7 dic. 2014

13D - Cadea humana na Ponte das Pías

A CIG de Ferrolterra, diante do grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana da comarca, ten posta en marcha unha campaña para demandar actuacións inmediatas que permitan a reindustrialización e diversificación industrial.

No marco desta iniciativa está convocada unha gran cadea humana que atravesará a Ponte das Pías, e á que dende a CIG de Ferrol convidan a participar a toda a cidadanía. Porque Ferrolterra precisa de medidas políticas urxentes, porque a comarca vive unha situación de emerxencia social, mobilízate e amarra o teu futuro!

13 de decembro ás 12:00 hs.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cesio: O defensor de REGANOSA fala do saneamento da Ría. PATÉTICO

Anónimo dijo...

Marquiños Monkeyman tamén vai.