11 dic. 2014

Feijóo deixa plantada a gala ao "Novo Empresario de Galicia" para non someterse ao "recibimento" cidadán.

Ante o inminente remate do veto na construcción naval, @s traballadores/as de Navantia fixeron unha manifestación ata o edificio administrativo da Xunta de Galicia, unha vez alí, representantes sindicais entregaron un escrito dirixido ao; esquivo e incompetente, conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, no cal pídenlle unha xuntanza na que explique a situación actual e futura do Astaleiro.

O edificio da Xunta atopabase amplamente protexido polos antidisturbios, que xa quedaron en Ferrol para blindar a visita do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que tiña pensado asistir ás 19:00 h. ao Teatro Jofre, onde tiña lugar á gala "Novo Empresario de Galicia".  Pero involuntariamente estropearon o factor sorpresa, pois anunciaron os medios que estarían para recibilo.







Chegada a tarde, as inmediacións do teatro Jofre transformáronse por unhas horas no novo Manifestódromo de Ferrol, traballadores/as de Navantia, de Cleanet, Mariscadores Furtivos, e cantidade de "indignados" agardaban ansiosos a chegada de Feijóo, cousa que non se produciu. 

Salientar a presenza do conselleiro de Economía e Industria, que non ten tempo de recibir á representación sindical do naval, que hai un mes que ven solicitando ser recibida, pero si ten tempo para vir á cidade a tomar os pinchos.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: