30 dic. 2014

Manifestación na Defensa dos postos de traballo en Megasa



(Resumo de: Sermos Galiza)

Desde 2008, Megasa -unha empresa que facturou arredor de 1.000 millóns de euros en 2011 e que se viu prexudicada pola perda de bonificacións públicas, no chamado sistema de ininterrumpibilidade- despediu o 30 por cento do seu cadro de persoal.

Megasa formula agora un despedimento colectivo que atinxe unha das súas tres quendas, 47 dos 168 que constitúen agora o seu cadro de persoal.

Na marcha tomaron parte representantes do BNG -o portavoz nacionalista no Hórreo, Francisco Jorquera; o alcalde de San Sadurniño, Secundino García; a responsábel comarcal de Ferrolterra e concelleira en Ferrol, Mercedes Tobío-, así como do PSdeG-PSOE, entre eles a deputada Beatriz Sestayo.

Ao termo da marcha, que partiu desde a Praza Irmñasn Freire e concluíu perante a entrada da factoría, o presidente do comité de empresa, Carlos Bascoy (UGT), acusou a empresa de utilizar a reforma laboral para “materializar os despedimentos”, embora a compañía se ter beneficiado de “constantes privilexios” concedidos por parte das “administracións públicas”.Que privilexios? Segundo o representante sindical, mudanzas no plano de ordenación urbana, recheos na Ría e novos accesos por estrada.

Bascoy afirma que a empresa desvía os beneficios obtidos na factoría de Narón para as súas plantas en Portugal.

A asemblea de traballadores convocou unha folga para os vindeiros 2 e 3 de xaneiro, anunciou tamén o presidente do comité.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

E Blanco, alcalde de Narón, segue sen dar a cara

Anónimo dijo...

Susete: Xa che vale poñer a referencia do Sermón Paliza que só fala da UPG