Domingo, 11 de Abril a las 12 h
Partiendo del Ambulatorio – Praza de España - Ferrol

GRAN MOVILIZACIÓN COMARCAL EN DEFENSA DE LA SANIDAD PÚBLICA:
Con el lema: "A saúde non e un negocio, non a privatización da Sanidade Pública"
Porque es nuestra,porque la pagamos,porque no queremos hacer a ningún empresario más rico a nuestra cuenta,porque queremos empleados trabajando en condiciones dignas.
No a la agresión del P€P€ a los servicios públicos.
NO a la privatización de la sanidad
NO a la privatización de los bomberos
NO a la privatización de la educación
NO a la privatización de correos
NO a la agresión a el gallego
NO al fascismo
Bos Días veciñas e veciños de Ferrolterra, bos días amigos e amigas que vides doutras partes de Galicia, Vigo, Pontevedra, A Coruña etc. Recibide un saúdo no nome da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, entidade que agrupa a, neste momento, 43 entidades diversas: asociacións sociosanitarias, veciñais, culturais, partidos políticos, sindicatos e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, entidades defensoras da sanidade pública e preocupadas polos anuncios privatizadores, de reducción de orzamentos en materia sanitaria e de absoluta falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Grazas a todos e a todas vós por estar aquí este domingo defendendo á Sanidade Pública
A sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un regalo de ninguén, a sanidade pública, con defectos que hai que corrixir ( un deles as excesivas listas de espera) é comparable a calquera sanidade pública do mundo. Esa cidadanía que conquistou ese dereito non vai permitir que desde a actual Xunta de Galicia se converta a saúde nun negocio que beneficie a empresas constructoras como Sacyr Vallehermoso, empresas aseguradoras como Asisa, Adeslas, Usp, DKV, Sanitas etc, bancos e mesmo a empresas farmacéuticas, a costa de encarecer a prestación do servizo, construír centros de peor calidade e a costa de precarizar e reducir o emprego.
O dereito á protección á saúde constitúe un dos eixes fundamentais dun Estado democrático e social e así se recolle nos principios da política social e económica da Constitución do ano 78, establecida nos artigos 41 e 43.
Estes dereitos recollidos no texto constitucional e as competencias que se recollen neste eido no Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 33, están ameazados pola sistemática falla de recursos co que o goberno da Xunta de Galicia atenaza ao Servizo Galego de Saúde, co conseguinte menoscabo da calidade asistencial
Se pretende trasladar a Galicia modelos, que no seu pais de orixe, o Reino Unido na época de Margareth Thacher, xa amosaron o seu absoluto fracaso ,que descapitalizaron o sistema público e que mesmo o Partido Conservador Británico xa anunciou que vai abandonar.
Modelos que xa se implantaron en Madrid e en Valencia, tamén con partidos conservadores, e onde tamén demostraron o seu fracaso.
Se pretende xustificar, unha medida absolutamente política, con a falla de recursos e a crise, esa crise que provocada pola Banca, as grandes constructoras e os monopolios, estamos padecendo os de sempre.
Hai que recordar que cando este modelo de implantou en Madrid e Valencia estabamos en plena bonanza económica, o que demostra que e unha medida absolutamente política de aposta por un modelo fracasado e que non ten absolutamente nada que ver coa crise económica. As grandes empresas e a Banca que provocaron o crack económico van provocar agora o crack no sistema sanitario público para abrir ás portas ó copagamento.
Quen poida pagar recibirá determinados servizos e quen non poida pagar non os recibirá eses tratamentos.
Chamamos a atención, a modo ilustrativo, co sucedido en Alzira, que e un exemplo de obscenidade política sen precedentes. No ano 1999 , o grupo Adeslas, faise coa xestión do novo hospital, no ano 2003 a Consellería de Sanidade de Valencia vese na obriga de rescatar a concesión e abona a Adeslas o importe do investido na construcción máis o lucro cesante, polos anos que faltaban de concesión.
A Consellería sanea as contas do hospital de Alzira e no ano 2006 convoca un novo concurso de privatización da xestión no que tamén se inclúe a Atención Primaria , se pasa de 379 euros usuario no 2003 a 495 euros usuario no 2006.
Saben cal foi o grupo que se fixo coa concesión? Pois está moi claro, de novo o grupo Adeslas.
Ten isto que ver coa crise ou obedece a unha aposta política de converter a saúde nun negocio para unhas cantas empresas?.
Ten esto que ver coa crise ou é unha aposta polo beneficio empresarial en detrimento da calidade asistencial na sanidade pública?.
En Galicia xa tivemos un exemplo de fracaso absoluto na privatización da xestión sanitaria: Foron as Fundacións Sanitarias que promoveron os Señores Romay Becaría desde a Consellería de Sanidade e Alberte Núñez Feijoo á fronte do Sergas. Os hospitais de Verín, Barbanza, Salnés e Cee que tiveron que ser rescatadas, para poñelas en valor, polo Sergas. O SR . Nuñez Feijoo non aprendeu dos seus erros e agora pretendese retomar eses modelos privatizadores e ir máis aló aínda, coa implantación do copagamento, seguindo o modelo de Esperanza Aguirre e deixando en mans de constructoras e aseguradoras os novos Hospitais e os novos centros de saúde.
Mentres en países como Estados Unidos, país que a pesar da reforma aprobada por Obama está a anos luz da Sanidade Pública do Estado Español, pero no se quere ir cara adiante e establecer un modelo cada vez máis público, máis universal e que de cobertura a cada vez mais persoas, como sucede no Estado Español, en Galicia, grazas á actual Xunta, estase indo xusto no sentido contrario e vaise cara a privatización de servizos e a precarización e á reducción do emprego como xa sucede en Madrid.
A actual Xunta de Galicia, a pesar de falar do aumento do gasto social, ven de reducir en 36 millóns de euros os orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas o que vai impedir que se poidan ofertar novos servizos, mellorar os existentes, que se poidan incrementar os cadros de persoal
Xa se detecta a reducción de contratacións en casos de enfermidade, permiso, vacacións etc, non se substitúe a ese persoal co que o calidade asistencial diminúe.
Tamén se paraliza o Plan de Mellora da Atención Primaria que ía permitir unha atención primaria máis resolutiva, de mais calidade e que ía facer posible a reducción das listas de espera.
Case 30 prazas de médicos, pediatras, enfermeiras e fisiterapeutas, que xa estaban presupostadas no 2009 para a Área sanitaria de Ferrol desaparecen. Onde foron os cartos?. Por que non se ofertan esas prazas?. E as 458 prazas de Primaria en todo Galicia?. E as 1000 prazas de Atención Primaria que se ían crear en 3 anos e toda Galicia?
Mentres isto sucede se seguen incrementando os concertos con Hospitais e clínicas privadas, un exemplo e Povisa en Vigo ó que se lle pagan 72 millóns de euros cada ano, nunha aposta clara por empeorar a prestación sanitaria publica favorecendo que os cidadáns e cidadás acudan a sanidade privada.
Outro xeito de favorecer a Sanidade privada concertada e a non aplicación do decreto de incompatibilidades que impide que profesionais da sanidade pública, atendan nos hospitais concertados a usuarios e usuarias públicos a través deses concertos.
Non se aplica o decreto e se mira para outro lado, sabendo de situacións e comportamentos que aquí en Ferrol son escandalosas. Todos sabemos o que pasa en Ferrol con determinados profesionais e a Administración que tamén o sabe non actúa.
No que se refire a esta Área Sanitaria hai unha falla total de compromiso, deixando paralizados tódolos proxectos que se tiña previsto facer logo de que o Hospital Naval se incorporou o Sergas.
A incorporación do Hospital Naval ía permitir poñer a esta Área Sanitaria en número de camas, quirófanos e persoal ó nivel do resto de Galicia.
Había presupostado 63 millóns de euros en tres anos para a adaptación do Hospital Naval. Eses proxectos están paralizados pola actual Xunta de Galicia.
So se están a executar proxectos elaborados e xa adxudicados polo anterior equipo directivo da Área Sanitaria.
Se dedica á reformulación do Plan Director do Complexo Hospitalario 100.000 euros, a mesma cantidade de diñeiro que o Xacobeo pagou a David Meca por vir nadar á ría de Arousa, Esa é a considaración que ten a Consellería de Sanidade con Ferrol e a súa cidadanía. Así é como nos trata a Xunta de Galicia a preto de 200.000 persoas de Ferrolterra.
Non se contempla nin un so euro investimentos en Alta Tecnoloxía para a Ferrol no 2010.
A creación da Unidade de Hemodiálise na Sanidade Pública está paralizada, cando xa tiña que estar en funcionamento. Por qué non funciona? Onde se presta agora ese servizo?.
Non se contempla a creación de novos servizos que permitan desenvolver as especialidades : Por exemplo Servizos de Cardioloxía, Nefroloxía, etc.
Se segue a tratar pola Sanidade Publica, como enfermidades comúns, enfermidades profesionais, nun claro interese de favorecer as Mutuas que serían quen terían que custear eses procesos e que permitirían ós traballadores e traballadoras unha maior retribución e non pagar os medicamentos.
Non se fai unha utilización plena de tódolos recursos sanitarios públicos desta Área Sanitaria, dunha maneira coordinada e plena e se manteñen concertos con hospitais e clínicas privadas de dubidosa necesidade.
Séguese a incrementar as listas de espera ou se maquillan creando listas B. Se lle ofrece os usuarios a atención no Juan Cardona , no San Rafael ou no Santa Teresa e se non o aceptan, porque queren recibir atención na Sanidade Publica, pasan a unha lista B co que por arte de maxia se reducen as listas de espera. Eso sen falar de cando as listas están pechadas.
Precisamos a creación dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais nesta comarca onde temos milleiros de persoas afectadas pola asbestose e outras patoloxías de caracter profesional.
E preciso incrementar os orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas ata ratios europeos, que permitan o incremento de prestacións e o incremento de profesionais.
E preciso controlar o despilfarro no gasto farmacéutico que en poucos anos vai supoñer mais gasto que o gasto de persoal. E preciso unha maior dispensación de xenéricos e de unidoses nas farmacias.
En definitiva necesitamos unha aposta decidida pola Sanidade Publica e nesa liña faise preciso a derogación da Lei 15/97, que permite esas xestións privadas e abre a porta o copago.
A actual Xunta de Galicia vai no sentido contrario, no camiño de converter a saúde nun negocio. A construcción dos Hospitais de Vigo e Pontevedra e de centros de saúde en A Capela, Ares, Cedeira e Narón, encareceran os custos, serán de peor calidade e precarizarán e reducirán o emprego e detraerán orzamentos doutras necesidades sanitarias, reducindo as prestacións.
No caso do Hospital de Vigo , estaba prevista a súa construcción cun orzamento de 350 millóns de euros e coa proposta actual da Consellería cando rematen os 20 anos de concesión , chegará ós 1400 millóns de euros e con centos de camas hospitalarias menos. A Sanidade Pública paga máis por menos. Outro tanto o Hospital de Pontevedra. O hospital de Lugo, xa rematado, leva un ano pechado para tamén privatizar unha parte da súa xestión.
Por todo esto estamos hoxe aquí , Ferrol, Eume e Ortegal, estamos aquí porque “A saúde non e un negocio”.
Milleiros de persoas estamos hoxe aquí como o 25 de marzo estiveron en Vigo e nos días vindeiros estarán en Pontevedra. Todo Galicia se está mobilizando en Defensa da Sanidade Pública e contra a súa privatización.
Estamos diante dunha situación moi perigosa e de ataque decidido, por parte da Xunta de Galicia, contra a Sanidade Pública e temos que mobilizarnos na súa defensa.
En Ferrol xa temos experiencia do modelo que quere implantar a Xunta de Galicia. A construcción do módulo que une o Centro de Especialidades coa entrada do Arquitecto Marcide , ese hall con esa escaleira mecánica na que tódolos días caen persoas con mobilidade e visión reducida tendo que ser atendidas no Servizo de Urxencias foi pagada coa concesión dun terreo público para construír un aparcadoiro privado que ten unha concesión de cincuenta anos e que é o máis caro da cidade de Ferrol. Ese é o modelo do Sr Feijoo privatizar e encarecer servizos.
Sr. Feijoo non nos toque vostede os servizos públicos. Sr Feijoo aprenda vostede dos seus erros , xa fracasaron vostede e o seu mentor Romay Becaría, as súas políticas xa fracasaron en Galicia. As políticas que quere implantar vostede Sr Feijoo, xa fracasaron en Valencia e Madrid e están aniquilando á Sanidade Pública. E eso o que pretende Vostede Sr. Feijoo, aniquilar á Sanidade Pública?. Os que votaron ó Partido Popular queren que este Vostede privatice e aniquile o ben máis prezado que temos e que en épocas de crise faise aínda máis necesario?.
Saiba Vostede Sr. Feijoo que os cidadáns e cidadás de Galicia como fixeron en Vigo, como estamos facendo hoxe en Ferrol, como farán en Pontevedra e como faremos en Compostela non llo imos a permitir.
A saúde non é un negocio . Non á privatización da Sanidade Pública.
Moitas grazas.
X.M.L.P. portavoz da Pdspf
NO a la privatización de los bomberos
NO a la privatización de la educación
NO a la privatización de correos
NO a la agresión a el gallego
NO al fascismo
En el botón de abajo podrás leer toda la información sobre la agresión a nuestro sistema sanitario

This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario