Quedó claro en el manifiesto,la intención y compromiso de tod@s los firmantes,en no dar un paso atrás con el fascismo.Solicitar el fin de la ley de amnistía del 77,y hacer prevalecer las leyes internacionales,que legitiman el poder juzgar y condenar a los criminales de guerra,sin que estos delitos tengan prescripción en el tiempo.
Os que convocamos esta concentración temos todo o dereito a considerar que a ofensiva contra o xuíz Garzón para apartalo da carreira xudicial ten a súa orixe na última actuación deste xuíz: a investigación dos crimes do franquismo cualificados como crimes contra a Humanidade e plan premeditado de xenocidio.
Polo tanto, exercemos o noso dereito democrático a opinar publicamente e a criticar a calquera poder do Estado, incluído o Poder Xudicial, porque nunha Democracia non hai vasalos senón cidadáns libres e non hai poderes nin institucións intocables. Consideramos especialmente grave que o Poder Xudicial – que se controla a se mesmo – pida que non exerzamos o noso dereito a opinar sobre os seus actos.
Consideramos insólito que un xuíz poida ser xulgado por investigar os asasinatos de máis de 200.000 persoas pola ditadura franquista e por investigar as desaparicións de miles de nenos e nenas que foron arrebatadas ás súas familias para entregalos en adopción.
O acoso a Garzón abriuse a instancias de asociacións e partidos herdeiros do franq
uismo, cun amplo historial delitivo no caso da Falange, que participou activamente na represión durante e despois da Guerra Civil, sendo responsable de miles de asasinatos. A causa contra Garzón ábrese para impedir que se artelle unha resposta penal axeitada ás demandas dos familiares das vítimas do franquismo, demandas esquecidas durante décadas, na procura de restaurar a dignidade das vítimas e facilitar a apertura das fosas diseminadas por todo o país para enterrar dignamente os seus restos.
Invocase a “Lei de Amnistía de 1977 para xustificar a acusación de prevaricación, cando precisamente as normas internacionais de Dereitos Humanos –subscritas tamén polo estado español- din claramente que o crime de desaparición forzada NON prescribe e entorpecer a súa investigación é un delito. Polo tanto ningunha “Lei de Amnistía”ten vixencia xurídica e temos o caso de Arxentina, onde a denominada Lei de Punto Final, foi abolida e os membros da ditadura están a ser procesados.
Se este xuízo se produce, será a primeira vez en todo o mundo que un maxistrado, en democracia, é sentado no banco dos acusados por intentar acadar Verdade, Xustiza e Reparación para as vítimas de crimes contra a Humanidade. Ademais, enviará unha mensaxe tremendamente negativa para outros xuíces que intenten investigar os crimes do franquis
mo. E isto xa está tendo efectos; 28 dos 46 xulgados pecharon as causas, sen sequera investigar nin citar aos familiares das vítimas, sumíndoas nunha situación de indefensión. No que vai de ano, non houbo unha soa providencia. Os xuíces, asustados, fan deixación das súas funcións.
A importancia deste caso non reside –polo tanto- na actuación dun xuíz determinado, senón en que revela unha cuestión do máis inquietante e de mais fondo calado: na España do século XXI, aínda hai liñas vermellas que non se poden cruzar. Lembremos que en Europa xamais foi perseguido e xulgado ningún xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou da Italia fascista.
E isto acontece mentres a Falanxe continua montando con total impunidade actos de enaltecemiento da ditadura. A nosa democracia coxea pola persistencia de moi poderosos intereses que queren oficializar unha visión amable e de gran placidez da ditadura franquista, o que non se corresponde coa súa violentísima represión. A no
sa sociedade necesita, investigar, profundar, coñecer, divulgar e xulgar o seu pasado franquista, de maneira serena e honesta e -por suposto-, reparar as súas consecuencias e non permitir que funcionen dentro da legalidade partidos políticos que fan apoloxía do xenocidio e insultan a memoria das vítimas.
Queremos unha Xustiza que persiga aos delincuentes e non persiga a quen investiga os delitos, queremos unha Xustiza da que podamos estar orgullosos. Non estamos sós. Son moitas as prazas e rúas que están vivindo concentracións semellantes á nosa, para lembrarlle aos servidores públicos, que nunha sociedade democrática, eles serven a cidadanía e non ao revés
Pulsar en la foto para acceder al álbum de imagenes
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
1 comentario:
Estamos por la justicia!
NO al fascismo
NO al terrorismo
NO a los gobiernos totalitarios
Por todo esto estoy contigo!
un fuerte abrazo.
RR
Publicar un comentario