"CONCENTRACIÓN COMARCAL EN NARÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA"
"CONCENTRACIÓN COMARCAL EN NARÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA"
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES - FERROLTERRA
CONCENTRACIÓN COMARCAL EN NARÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
XOVES 25 DE NOVEMBRO CONCENTRACIÓN ÁS 20.00 HRS PRAZA DE GALIZA DE NARÓN
RECORTAR RECURSOS É ATENTAR CONTRA A IGUALDADE
Nesta data sinalada internacionalmente debemos recoñecer toda a sociedade que a violencia de xénero é a principal ferramenta que emprega o patriarcado para manter as mulleres na subordinación social. Isto acontece nos nosos días e desde sempre, nas nosas sociedades occidentais e en todas as culturas e modos de vida; polo que cómpre abordar un cambio social integral para erradicar a face máis dramática da violencia de xénero: o asasinato das mulleres a mans das súas parellas, sen esquecer as outras manifestacións sociais e de carácter estrutural da violencia contra as mulleres.
É maltratador e violento quen denigra, vexa e chega a asasinar, mais tamén exerce violencia de xénero o lexislador que non ten perspectiva de xénero, as institucións que privan de novos recursos para a igualdade e recortan os existentes; e todo aquel que propaga ideas patriarcais como o desprezo ás mulleres con cargos públicos, como negar a necesidade das políticas de igualdade, como falar da familia tradicional e da tradición para xustificar a maternidade, os coidados e a sexualidade pasiva como exclusivamente das mulleres, aínda que logo faga MINUTOS DE SILENCIO.
Por iso as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres denunciamos todas as faces da violencia machista, a institucional por abandonar os recursos de igualdade, a educativa por carecer de estratexias serias, a familiar por querer perpetuar o modelo de familia patriarcal.
SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario, porque desde o feminismo traballamos pola cidadanía plena para as mulleres e reclamamos das institucións recursos para a igualdade.
Con cidadanía e recursos frearemos o paso de xigante da violencia de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario