12 mar 2011

Presentación do manifesto en defensa das rías e da costa galega

As confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña convidan á súa asociación á presentación do manifesto pola recuperación das rías galegas o día 16 de marzo ás 20:15 horas no centro cívico de Caranza-Ferrol. 

As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa. A pesar de ser a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas. 

A pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais. Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa. Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría. Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis. 

A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.

Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño. Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo. Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.

Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica. Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas... É cousa de todos, é cousa de todas. 

Para calquera consulta dirixirse ao e-mail: salvarasriasgalegas@gmail.com
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: