O discurso que nos asustaba “Non somos nin de esquerdas nin de dereitas”, tiña unha finalidade, captar a tod@s @s “Indecis@s” posibles cidadáns sen formación nin vocación político-sindical, que nunca trataran antes estes temas, pero que na realidade lles afectaban tamén.
O márquetin era primordial, sabendo “colocar” algunhas frases nun discurso fácil e asumible. Estivo moi ben estruturada a "fórmula", unha vez se lle abren os ollos aos “Indecis@s” nada os faría dar marcha atrás nesta loita, o "chiscadela" estaba feito.
Esas frases falaban de; “Consumidores infelices”, “Felicidade das persoas”, “Benestar da sociedade”.A palabra “Progreso” utilizouse 2 veces, “Desenvolvemento” outras 2, “Sociedade” utilízase en 5 ocasións, e tamén se di “Social” 2 veces.“Unha sociedade mellor”, “Prioridades de toda sociedade avanzada”, “Procurando o maior beneficio para o groso da sociedade”, “Benestar da sociedade”.
Un éxito, @s “Indecis@s” xunto con milleiros de cidadáns que levaban tempo loitando desde distintas frontes sociais xuntáronse na Praza de Sol. O márquetin funcionou, foi un éxito, “inventouse” a figura d@ “Indignad@”
Este discurso, trasladado á Praza de Armas, en Ferrol, non gustou moito entre a xente que viña loitando hai tempo pola dignidade social. As persoas que levaron as rendas nun principio quizais non foron as idóneas. Estaba unha procuradora dos xulgados, un ex empresario con “moito pasado”, e tamén estaba o ex presidente da AVV de Ferrol Vello, entre outr@s, pero é o que había. En cambio algo novo se movía, e podía valer a pena TENTALO.
@s que nos cremos de esquerdas permanecemos na periferia do movemento, algúns sumábanse a pés xuntillas, con medo a tanta ambigüidade, @s de esquerdas pensabamos a “Revolución”. Pero bo, a “falla de pan”, tampouco viña mal quitar o poder “democráticamente” aos neoliberais do P€P€-P$O€.
Os Anarquistas, aínda viron máis ambigüidade, ao fin e ao cabo, soamente se falába de “reformas”, para nada cumprían as expectativas libertarias. Creo que o único que lles gustou, foi o sistema aberto e asembleario do 15M.
Pero tod@s INDISTINTAMENTE das nosas tendencias, estabamos con eles, tod@s eramos uns/has “Indignad@s” máis, e fómonos aproximando a este movemento. A rúa tiña vida, debate e política por todos os lados, até creo que se facía un labor terapéutico psicolóxica con moita xente que se sentía en soidade e necesitaba comunicarse. Era difícil eses días non falar do “15 M”.
Uns preferimos participar distantes, outr@s esporadicamente, e outr@s involucrámonos en maior ou menor medida neste proxecto. Fixéronse charlas moi interesantes, sobre a “vivenda”, “banca”, “idioma”, “experiencias de ocupación”, “reforma laboral”, “morte digna”, “pacto do euro”, e algunha que outra máis. Á parte de tratar todo tipo de problemas que nos expón o “estado do malestar”, “sanidade”, “educación”, “Reganosa”, etc..
¿Por que non arrinca en Ferrrol o 15M?
O márquetin.Non souberon abrirse á realidade social, pensaban que tendo 1.252 seguidores no Facebook xa bastaba para mobilizar á xente, pero precisamente nas redes sociais viñan os problemas, era onde estaban a facer máis debates que na propia Praza.
A rede social soamente tería que usarse con fin informativo, dinamizador, soamente debíase publicar o aprobado e consensuado.
A realidade social actual, é que somos maioritariamente CONSUMIDORES. Nesta sociedade de consumo somos mercadoría e rexémonos como autómatas.
E o “Producto 15M” chegaba ao consumidor/ra “enzoufado”
O idioma.
En Ferrol, tardouse case 4 meses en facer do 15M un movemento realmente bilingüe, en ningún momento souberon ver que as agresións ao galego eran un conflito social e un tema de especial sensibilización para a esquerda. Algúns facían un esforzo grande para conciencialos, e utilizábano sempre. Pero tiveron que pasar eses 4 meses para poder ver recollidas as actas tamén en Galego
A división
Por unha banda quedaron @s acampad@s, que realizaban as asembleas na praza, e doutra banda estaban @s que se denominaban “Democracia real xa”, estes utilizaban cafetarías para ter os seus encontros, nun principio eran os mal chamados “precursores” (A procuradora, o ex empresario, o ex presidente veciñal e outros poucos), aos que se foron sumando outr@s poucos máis, esta xente xa tiña máis capacidade de entender a realidade social na que nos movemos. E a poucos, foron gañando o terreo aos “precursores” que ou retiraronse ou participan en menor medida.Pero sen dúbidas, o “15M” xa se partira en dous. Mesmo no Facebook a Acampada Ferrol tivo que facer a súa propia páxina.
Dividir.
Como o debate se viu trasladalado na súa maioría a internet, creáronse ferramentas de comunicación novas, esas ferramentas obrigaban moitas veces a ter que rexistrarse. Creando á forza unha exclusión participativa.
Falta de captación e estructuración.
Moita xente da que participou na praza deixoulla escapar, xente con discurso político, coas ideas moi claras. Non souberon facel@s parte disto, darlles un papel.
Á hora de conformar os grupos de traballo, estes creáronse apuntándose a man alzada en asembleas. Asembleas ás que non podía asistir toda a xente. Había xente que se apuntaba a catro grupos de traballo e outros que non se apuntaban a ningún. Formáronse grupos de traballo, que ían desde un grupo con 7 persoas a outro con 2 soamente. Non se expuñan o crear un Mapa de Conflitos e cubrilo coas necesidades acordes para que cada grupo de traballo puidese funcionar autónomamente.
Ese Mapa de Conflitos chegouse a realizar, á hora de ir estudalo e aprobalo, soamente asistiron 5 persoas.
MÁIS CONCLUSIÓNS PERSOAIS
Desde o primeiro momento algunha xente pensou que o “15M” eran eles, algún/ha ainda o pensa. Pensaron que @s “Indignad@s” soamente eran os que se vían as caras todolos días.
“Que non veñan estes”, “Que non veñan aqueles”, “Que non se fagan con isto”, “Que non digan”, “Que non..que NON”
E nada máis lonxe da realidade, cando a Praza tivo realmente vida foi cando dende distintos colectivos, asociacións, sindicatos, e atrévome a dicir que até partidos políticos, fixeron ese chamamento á CONVERXENCIA
É PRECISA ESA CONVERXENCIA SOCIAL POLA INDIGNACIÓN, E PODER XUNTARNOS TODOS BAIXO O PARAUGAS DO “15M”, NUNHA LOITA COMÚN POLA DIGNIDADE SOCIAL.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
6 comentarios:
Este artigo está moi ben , Suso. SAÚDE
Suso, enhoraboa, unha lucida reflexion, e incluso "novedosa".
Sempre moi cerquiña compañeiro.
Unha aperta frande
Saude
k
http://www.15m.cc/p/proyecto.html
SAÚDE
Publicar un comentario